Campos é unha aldea da parroquia de San Cristovo de Lóuzara, no concello de Samos, provincia de Lugo. No 2013 ten 5 casas habitadas.
Localización Está situada a uns 860 m de altitude. Dista uns 250 m de San Cristovo.
Patrimonio histórico e artístico No fondo da aldea á beira da estrada está o antigo priorado de Campos, que dependeu do mosteiro de Samos. Trátase dun edificio de planta rectangular, construído en cachotaría, con cuberta a dúas augas. Posúe varios balcóns en forxa de ferro. Algunhas dependencias utilizáronse como escola a finais do século XX.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de San Cristovo de Lóuzara
Parroquias de Samos
Categoría:Lugares de Samos