Gumersindo Buján Buján, nado en Ribadavia en 1850 e finado en Barcelona o 4 de decembro de 1911, foi un avogado e xuíz galego.

Traxectoria Foi xuíz de Primeira Instancia e Instrución de Corcubión (1886), Viana do Bolo (1887), Celanova (1893), Tui (1897) e Vigo (1898). Interveu como xuíz especial na causa que se seguiu polo asasinato de Domingo Barja, alcalde e cacique de Laza, en 1900. En 1901 foi tenente fiscal da Audiencia de Ourense e presentouse ás eleccións para deputado a Cortes polo distrito de Ribadavia, pero foi derrotado por Adolfo Merelles Caula. Como fiscal da Audiencia de Ourense interveu nos conflitos campesiños da comarca de Valdeorras. Despois foi maxistrado da Audiencia de Salamanca e Barcelona. Finou en Barcelona o 4 de decembro de 1911.Diario de Reus, 5-12-1911, p. 2.Necrolóxica en La Región, 8-12-1911, p. 3.

Foi un teórico das institucións xurídicas galegas. Publicou as súas opinións sobre os foros no folleto Redención forzosa de los foros al dominio directo que apareceu en El Miño en 1900. A súa obra fundamental é De la propiedad y los foros. Estudio jurídico-social (1902), na que sinala un camiño específico para acabar cos foros.

Obras Sociedad gallega. Estudio jurídico sobre el contrato de compañía de familia, 1887 (con prólogo de Juan Manuel Paz Novoa). De la propiedad y los foros, 1902.

Vida persoal Casou con Contemplación Pérez López Millán e foi pai de Antonio Buján Pérez.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

"Buján y Buján, Gumersindo" en Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada.

Categoría:Xuíces de Galicia Categoría:Escritores de Galicia Categoría:Nados en Ribadavia Categoría:Finados en 1911 Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos Categoría:Nados en 1850