Guido Balzarini, nado en Arrone o 21 de outubro de 1874 e finado en Roma en 1935, foi un tirador de esgrima italiano, gañador dunha medalla olímpica.

Traxectoria Esgrimista de cualidade internacional nos anos previos á primeira guerra mundial, por causa da guerra tivo que deixar de competir, volvendo á competición na década de 1920 pero sen poder competir nos campionatos mundiais por non acudir Italia a eles. Participou, non obstante, nos Xogos Olímpicos de 1924 en Anveres, logrando a medalla de ouro en sabre por equipos á idade de cincuenta anos.

Categoría:Nados en 1874 Categoría:Finados en 1935 Categoría:Esgrimistas olímpicos de Italia Categoría:Medallistas olímpicos en esgrima Categoría:Medallistas olímpicos de ouro por Italia Categoría:Nados na Umbría Categoría:Esgrimistas de sabre Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1924 Categoría:Esgrimistas nos Xogos Olímpicos de 1924