A dos taquiglósidos (Tachyglossidae) é unha familia de mamíferos da orde dos monotremas, a única da suborde dos taquiglosos (Tachyglossa), coñecidos vulgarmente como equidnas.
As catro especies existentes, xunto co ornitorrinco, son os únicos membros sobreviventes desta orde, e son os únicos mamíferos que poñen ovos. Malia que a súa dieta consiste en formigas e térmites, non están relacionados cos osos formigueiros de América máis que a calquera outro mamífero.
Viven en Australia e Nova Guinea.
Os equidnas reciben o seu nome do Equidna, personaxe da mitoloxía grega (en grego antigo, Εχιδνα Echidna "víbora"; en latín, Echidna) que era unha ninfa monstruosa.
Taxonomía Familia A familia foi descrita en 1872 polo zoólogo estadounidense Theodore Nicholas Gill.
Xéneros e especies Xénero Tachyglossus T. aculeatus Xénero Zaglossus Z. attenboroughi Z. bruijnii Z. bartoni †Z. hacketti †Z. robustus Xénero †Megalibgwilia †M. ramsayi †M. robusta
Véxase tamén
Bibliografía Griffiths, M.; Wells, R. T. & Barrie, D. J. (1991): "Observations on the skulls of fossil and extant echidnas (Monotremata: Tachyglossidae)". Australian mammalogy, 14: 87-101. (Ver en Google Books). Vaughan, T. A.; J. M. Ryan & N. J. Czaplewski (2000): Mammalogy. Fourth Edition. Philadelphia: Saunders College Publishing.
Ligazóns externas Tachyglossidae na ADW. Con ampla información, imaxes e referencias bibliográficas . Tachyglossidae en Tree of Life
Categoría:Monotremas