O olinguito, que significa en castelán "pequeno olingo", (Bassaricyon neblina) é un mamífero da orde dos carnívoros e familia dos prociónidos, pertencente ao xénero Bassaricyon. O seu descubrimento foi anunciado o 15 de agosto de 2013.Roland Kays. Press conference at North Carolina Museum of Natural Sciences. Livestream (video). 15 de agosto de 2013
É a primeira especie de carnívoro atopada en América en 35 anos.
Descrición O olinguito é distinto do olingo e do quincajú (os quincajús semellan olingos, mais non teñen relación entre si). O seu peso medio é de 900 gramos, o que supón que é a especie máis pequena de prociónidos. O animal é un omnívoro fruxívoro que se alimenta de froitas (como os figos), insectos e néctar, o que fai que as súas feces teñan aspecto de pequenos arandos. Pénsase que ten costumes solitarios e nocturnos. Tamén semellan ser estritamente arborícolas. Teñen un só par de mamas, e probablemente ten unha única cría cada vez.
Distribución e hábitat Exemplares desta especie foron identificados na selva neboenta dende o centro de Colombia ó oeste de Ecuador, e foron confirmados como especies en liberdade. Esta especie non está considerada polo momento como en risco, pero crese que arredor do 40% do hábitat orixinal deste animal xa foi deforestado.
Descubrimento O seu descubrimento foi anunciado o 15 de agosto de 2013 por Kristofer Helgen, un comisario dos mamíferos no National Museum of Natural History, Roland Kays, experto en olingos do Museo de Ciencias Naturais de Carolina do Norte, e os seus colaboradores. Helgen descubriu exemplares da especie no almacén do Mueso Field de Chicago e usou test de ADN para confirmar a nova especie.
O descubrimento supón a primeira identificación dunha nova especie mamífera carnívora en América en 35 anos. A especie non foi identificada antes, malia ser visto regularmente e mesmo aparecer publicamente, xa que fora confundido cos seus curmáns taxonómicos, os olingos.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Carnívoros Prociónidos
Ligazóns externas Novas fotos dunha femia e unha cría de olinguito La Mesenia Reserve conservation project.
Categoría:Animais descritos en 2013 Categoría:Prociónidos Categoría:Mamíferos de Colombia Categoría:Mamíferos de Ecuador