Fernando Barcia Veiras, nado en Santiago de Compostela o 24 de agosto de 1885 e finado na mesma cidade o 29 de xaneiro de 1938, foi un mestre e político galego.
Traxectoria Entrou no Seminario, pero abandonouno en 1908 para facer Maxisterio na Escola Normal de Santiago de Compostela.El Eco de Santiago, 13-3-1913, p. 2. Exerceu como mestre en Toro (1913), Ponteareas (1917) Corme (1921), Baio (1923), Ardagán e Ameneiro (1936).Concedéronlle a permuta con José González Varela, mestre de Ameneiro, a finais de xuño de 1936. El Compostelano, 30-6-1936, p. 3. Presidente da Agrupación Socialista de Santiago de Compostela de 1931 a 1938, cando foi asasinado. Foi detido e procesado pola folga xeral revolucionaria de 1934, pero a súa causa foi sobresida a finais de outubro.El Pueblo Gallego, 28-10-1934, p. 12. Foi un dos fundadores en Galicia da Federación Española de Traballadores do Ensino, vencellada á UGT. Presentou con Eligio Núñez e Apolinar Torres o relatorio "Misión de los trabajadores de la enseñanza en el actual momento histórico de la cultura gallega" ao Congreso de Trabajadores de la Enseñanza de Galicia de maio de 1936.El Pueblo Gallego, 22-5-1936, p. 7. Participou nos mitins de propaganda para pedir o SI no referendo do Estatuto de autonomía como o de Ferrol,El Pueblo Gallego, 16-6-1936, p. 2. ou o de Santiago de Compostela.El Compostelano, 26-6-1936, p. 2-3.
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado Presidente do Comité de Defensa da República de Santiago de Compostela. Foi detido o 21 de xullo e posto en liberdade ao día seguinte a causa dun erro administrativo. Agochouse na casa da súa curmá Dolores Barcia Pérez, foi declarado en rebeldía e cesado de emprego e soldo en agosto. O 15 de xuño de 1937 foi atopado nun rexistro na casa da curmá na Rúa de San Pedro. Posuía unha gran biblioteca, da que durante o rexistro requisan 43 exemplares. Xulgado en Santiago de Compostela por traizón o 23 e 24 de agosto de 1937,El Eco de Santiago, 24-8-1937, p. 2. foi condenado a pena de morte e executado no cemiterio o 29 de xaneiro de 1938. A súa curmá Dolores, viúva e nai de Juan Ameneiro Barcia, foi detida e pasou varios meses na cadea de Compostela e cando quedou en liberdade o seu fillo Juan foi obrigado a alistarse. Cando Juan desertou do exército franquista, Dolores volveu pasar varios meses na prisión. Fernando Barcia sufriu expediente de responsabilidades políticas e en 1941 o tribunal requiriu aos seus herdeiros para que fixesen efectiva a sanción económica.BOE, 9-12-1941, p. 4552. Vida persoal Casou con Ramona Blanco Fernández, e tivo catro fillos: Esther, Fernanda, Clementina e Luis Ángel Barcia Blanco.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Paz Cabo, Miguel (2020). Alvarellos Editora. "¡Viva la libertad! La silenciada historia del maestro Fernando Barcia en el Santiago de la segunda República." Santiago de Compostela. ISBN 84-16460-73-1
Ligazóns externas "Represión Franquista en Teo" Miguel Paz Cabo in Congreso Víctimas franquismo.
Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Políticos do PSOE Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1885 Categoría:Finados en 1938 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos