André Gaboriaud, nado en Gémozac o 1 de maio de 1895 e finado en Meschers-sur-Gironde o 23 de novembro de 1969, foi un tirador de esgrima francés, gañador dunha medalla olímpica.

Traxectoria

André Gaboriaud participou nos Xogos Olímpicos de 1928 de Ámsterdan en florete, nos que o equipo francés foi segundo, logrando a medalla de prata.

Categoría:Nados en 1895 Categoría:Finados en 1969 Categoría:Esgrimistas olímpicos de Francia Categoría:Medallistas olímpicos en esgrima Categoría:Medallistas olímpicos de prata por Francia Categoría:Nados no departamento de Charente Marítimo Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1928 Categoría:Esgrimistas de florete Categoría:Esgrimistas nos Xogos Olímpicos de 1928