Henri Albert Fernand Laurent, nado en Beaulieu-sur-Loire o 1 de abril de 1881 e finado en La Rochelle o 14 de febreirode 1954, foi mestre de armas e tirador de esgrima francés, gañador dunha medalla olímpica.
Traxectoria Quedou orfo aos trece anos e foi educado cas de seu tío, Alphonse Laurent que exercía como mestre de armas en París. Participou nos Xogos Olímpicos de 1900 de París na proba de espada profesional, logrando a medalla de bronce. Despois dos Xogos estivo un tempo en Inglaterra mellorando a súa formación esgrimística, e gañou varios torneos internacionais e foi membro da sección técnica de espada da Federación Nacional de Esgrima. Mobilizado durante a primeira guerra mundial foi ferido e feito prisioneiro en 1915, enfermo de tifo curou nun hospital de Lausana e logo deu clases nunha sala de armas da cidade. Foi campión de Francia para profesionais en 1921 e 1923 e profesor titular da sala de armas do prestixioso Lycée Carnot de París.
Categoría:Nados en 1881 Categoría:Finados en 1954 Categoría:Esgrimistas olímpicos de Francia Categoría:Medallistas olímpicos en esgrima Categoría:Medallistas olímpicos de bronce por Francia Categoría:Mestres de armas Categoría:Nados no departamento de Loiret Categoría:Esgrimistas de espada Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1900 Categoría:Esgrimistas nos Xogos Olímpicos de 1900