O Ducado de Turín foi un dos Ducados instituídos polos longobardos en Italia. Son bastante escasas as informacións sobre as súas vicisitudes internas; mesmo é a data da institución do Ducado, se ben probabelmente xorde no momento da ocupación longobarda da cidade (569). Luigi Cibrario precisou que o territorio do ducado remataba nas Chiuse de Val de Susa, e os pés do MombassoStoria di Torino, libro II, cap. II.. Historia O século VI. O primeiro duque de Turín que menciona Paulo Diácono é Axilulfo, que no 591 se converte en rei dos longobardos grazas ao matrimonio contraído o ano anterior con Teodelinda, viúva do seu predecesor no trono de Pavia, Autari. Como duque, Axilulfo adaptara como palacio (Curia Ducis) os edificios existentes na actual praza IV de marzo e que correspondían, se cadra, á antiga sede das maxistraturas romanas. Por vontade de Teodolinda, san Xoán Bautista foi proclamado patrón de Turín e se cadra nesa época comezou a construción da igrexa homónima, na área que actualmente alberga o duomo da cidade e que daquela xa albergaba o templo dedicado aos mártires turineses Solutor, Aventor e Octavio.

O século VII. Á morte de Axilulfo (616), o trono dos longobardos pasou ao seu fillo Adaloaldo, so a rexencia de Teodolinda. Contra a política da raíña nai, que procuraba a conversión ao catolicismo dos longobardos e á renuncia a novas expansións territoriais, organizouse entre os duques unha facción, guiada polo novo duque de Turín, Arioaldo da estirpe dos Caupu. A oposición de Arioaldo, activa sobre todo nos primeiros anos do século VII, estoupou en aberta revolta no 624 e rematou cunha rápida vitoria do rebelde, que no 626 eliminou definitivamente o cuñado (Adaloaldo, fillo de Axilulfo e Teodolinda, era de feito medio irmán de Gundeperga, a muller de Arioaldo nada das primeiras nupcias de Teodolinda con Autari).

A continuación Paulo Diácono rexistra un duque Garibaldo, enviado como mensaxeiro polo rei Godeperto, ao que subiu ao trono, a Grimoaldo daquela duque de Benevento, para que o convencese a intervir no seu favor contra o seu irmán Perctarito co cal, segundo o testamento do seu pai Ariperto I, dividía o Reino longobardo (661). Garibaldo, porén, traizoou a Godeperto, exhortando a Grimoaldo a apartar os dous irmáns e a subir ao tronoPaulo Diácono, Historia Langobardorum, IV, 51.. Ä súa volta a Turín, Garibaldo cae vítima dun atentado.

O século VIII Poucos anos despois, quen subiu ao trono dos longobardos sería o novo duque de Turín, Raghinperto, á súa vez fillo de Godeperto: deu vencido ao lexítimo herdeiro ao trono Liutperto, tamén un expoñente da dinastía bávara, vencendo en batalla en Novara aos seus defensores Ansprando e Rotarit. Morreu pouco despois, tras apenas un ano de reinado (701), deixando o trono ao seu fillo Ariperto II que á súa vez asumira o título de duque de Turín e fora inmediatamente asociado ao trono polo seu pai. Vestixios longobardos en Turín Turín tivo unha forte presenza longobarda tamén entre a poboación simple, non só nas altas esferas do poder. As escavacións para a realización do metro da cidade (2004) trouxeron á luz unha necrópole longobarda preto de Collegno, malia que xa eran coñecidas outras necrópoles situadas preto dos actuais Sassi e na via Nizza, non lonxe do lugar onde hoxe se atopa o Lingotto.

Tamén as rexións que rodean a cidade tiveron asentamentos longobardos: quedan trazas deles arqueolóxicas (necrópole de Belmonte) ou toponomásticas: mostran unha derivación da lingua longobarda, por exemplo, localidades como Superga (ou Soperga), Valperga e Lombardore (Castrum Longobardorum). Notas

Véxase tamén Bibliografía Paulo Diácono, Historia Langobardorum (Storia dei Longobardi, Lorenzo Valla/Mondadori, Milán 1992). Luigi Cibrario. Storia di Torino. Jörg Jarnut. Storia dei Longobardi. Torino, Einaudi, 2002. ISBN 8846440854 Outros artigos Ducados longobardos longobardos Historia do Piemonte Historia de Turín Turín Marca de Turín

Categoría:Ducado de Turín