miniatura|upright=1.35|Deseño do carro de vapor de Cugnot (Jonathan Holguinisburg) (1769). A historia do automóbil comeza en 1769, coa creación de automóbiles con motor de vapor capaces de transportar humanos. En 1806, os primeiros vehículos propulsados por un motor de combustión interna eran de gas natural, o que levou á introdución en 1885 da omnipresente moderna gasolina ou petróleo como combustible dos motores de combustión interna. Os coches propulsados por enerxía eléctrica apareceron brevemente nos inicios do século XX, pero en gran parte quedaron fóra de uso ata finais do século XX. A historia temperá do automóbil pódese dividir en varias épocas, sobre a base dos medios de propulsión prevalecentes. Períodos posteriores foron definidos polas tendencias de deseño exterior, e as preferencias de tamaño e utilidade.

Etapas da invención Os primeiros automóbiles Vehículos a vapor, os precursores dos automóbiles

Século XVII - século XVIII Ferdinand Verbiest, membro da misión xesuíta na China, construíu o primeiro vehículo de propulsión a vapor cara a 1672 como un xoguete para o emperador chinés. Era de escala tan pequena que non podía levar un condutor, foi, moi posiblemente, o primeiro vehículo que traballou a vapor ('auto-móbil'). miniatura|Carro de vapor de Cugnot, a segunda versión (1771). upright|miniatura | Unha réplica da locomotora de estrada 'Puffing Devil' (Demo soprador) de Richard Trevithick de 1801. Os vehículos autopropulsados por vapor suficientemente grandes como para transportar persoas e mercancías fabricáronse por primeira vez no século XVIII. Nicolas-Joseph Cugnot presentou o seu fardier à vapeur, un tractor de artillaría experimental impulsado a vapor, en 1770 e 1771. Como o deseño de Cugnot resultou ser pouco práctico, a súa invención non foi desenvolvida na súa Francia natal. O centro de innovación desprazouse a Gran Bretaña. En 1784, William Murdoch construíu un modelo de carro a vapor en Redruth e en 1801 Richard Trevithick corría cun vehículo de gran tamaño polas estradas de Camborne. Estes vehículos estiveron de moda durante algún tempo, e nas décadas seguintes desenvolvéronse innovacións tales como o freo de man, transmisión de varias velocidades, e un mellor desenvolvemento da dirección. Algúns resultaron un éxito comercial no servizo de transporte masivo, ata que a reacción en contra destes grandes e rápidos vehículos rematou na aprobación da Locomotive Act (1865), que requiría que os vehículos autopropulsados nas vías públicas do Reino Unido estarían precedidos por un home a pé axitando unha bandeira vermella e tocando unha bucina. Isto rematou co desenvolvemento dos autos de estrada no Reino Unido durante a maior parte do resto do século XIX; os inventores e enxeñeiros centraron os seus esforzos na mellora das locomotoras dos trens. (A lei non foi derogada ata 1896, aínda que se eliminou a necesidade da bandeira vermella en 1878.)

A primeira patente dun automóbil nos Estados Unidos foi concedida a Oliver Evans en 1789.

Século XIX Entre outros, en 1815, o profesor da Politécnica de Praga, Josef Bozek, construíu un coche de vapor de fuel. Walter Hancock, construtor e operador de buses a vapor en Londres, construíu en 1838 unha máquina de vapor de catro prazas, o faetón.

En 1867, o xoieiro canadense Henry Seth Taylor presentou o seu "buggy de vapor" de 4 rodas na Feira de Stansted en Stanstead, Quebec, e de novo ao ano seguinte.The Montreal Gazette - Jan 18, 1986 http://news.google.com/newspapers?nid=1946&dat=19860118&id=G4Y0AAAAIBAJ&sjid=5KUFAAAAIBAJ&pg=3436,3937822 A base do buggy de paseo, que comezou a construír en 1865, foi un carro de rodas altas con reforzos para soportar unha máquina de vapor de dous cilindros montados no chan.

O que algunhas persoas definen como o primeiro automóbil "real" foi producido polo francés Amédée Bollée en 1873, quen construíu vehículos de estrada autopropulsados a vapor para o transporte de pasaxeiros.

O estadounidense George B. Selden presentou unha patente o 8 de maio de 1879. A súa solicitude incluía máis que o motor para o seu uso nun coche de 4 rodas. Selden presentou unha serie de modificacións á súa solicitude, que alargou o proceso legal, o que resultou nun atraso de 16 anos para que a patente George B Selden road-engine, Patent 549,160 fora concedida o 5 de novembro de 1895.

Karl Benz recibiu unha patente alemá en 1886.Reichspatent 37435 A colaboración de Bertha Benz, inventora das pastillas de freo, foi fundamental para dar a coñecer o invento do seu esposo, conseguindo para a compañía de ambos as primeiras vendas do vehículo.

O motor de gasolina de catro tempos de combustión interna, que constitúe a forma máis frecuente de propulsión automotriz moderna é unha creación de Nikolaus Otto. O parecido Motor diésel de catro tempos foi inventado por Rudolf Diesel. A pila de combustible de hidróxeno, unha das tecnoloxías aclamada como un substituto da gasolina como fonte de enerxía para os coches, foi descuberta en principio por Christian Friedrich Schönbein en 1838. O coche eléctrico a batería debe as súas orixes a Ányos Jedlik, un dos inventores do motor eléctrico e a Gaston Plantei, que inventou a batería de chumbo en 1859 .

O primeiro automóbil de transporte de tamaño adecuado para o seu uso nos camiños de carros existentes nos Estados Unidos foi un vehículo de vapor inventado en 1871 polo Dr. JW Carhart, un ministro da Igrexa Metodista Episcopal, en Racine, Wisconsin. O estado de Wisconsin, en 1875, ofreceu un premio de 10.000 $ á primeira persoa en crear un substituto práctico do uso de cabalos e outros animais. Estipulábase que o vehículo tería que manter unha velocidade media de máis de cinco millas por hora sobre un curso de 200 millas. A oferta motivou a celebración da primeira carreira de automóbiles nos Estados Unidos, comezando o 16 de xullo de 1878 en Green Bay, Wisconsin, e terminando en Madison, a través de Appleton, Oshkosh, Waupun, Watertown, Fort Atkinson, e Janesville. Aínda que se rexistraron sete vehículos, só dous comezaron a competición: os equipos de Green Bay e Oshkosh. O vehículo de Green Bay foi máis rápido, pero veuse abaixo antes de terminar a carreira. O Oshkosh terminou a carreira de 201 millas en 33 horas e 27 minutos, a unha velocidade media de seis millas por hora (9´65 km/h). En 1879, o lexislador outorgou a metade do premio.A History of Wisconsin Highway Development 1835-1945; A joint project by the State Highway Commission of Wisconsin and the Public Roads Administration, Federal Works Agency; Madison; 1947; pp.19-20. See also Race of First Steam Buggies Wisconsin Historical Society; and Williams, F. Dennis; Accessed Mar. 13, 2011

Os automóbiles de vapor continuaron o seu desenvolvemento ata o comezo do século XX, pero a difusión dos motores de gasolina como forza motriz marcou o final dos automóbiles de vapor do século XIX, agás como curiosidades. Se é que algunha vez volven aparecer en posteriores épocas tecnolóxicas aínda está por verse. Na década de 1950 volveu o interese polos coches de turbina a vapor movidos por pequenos reactores nucleares (tamén para os avións), pero os perigos inherentes á tecnoloxía de fisión nuclear pronto remataron con estas ideas. A necesidade de cambios globais nas fontes e o consumo de enerxía para lograr sostibilidade e independencia enerxética levou aos enxeñeiros do século XXI a pensar unha vez máis sobre as posibilidades do uso de vapor, alimentado con fontes de enerxía modernas controladas con controis computarizados, tales como baterías eléctricas avanzadas, pilas de combustible, enerxía fotovoltaica, biocombustibles, ou outros.

Automóbiles eléctricos

En 1828, Ányos Jedlik, un húngaro que inventou un tipo de motor eléctrico, creou un modelo de coche pequeno impulsado polo seu novo motor. En 1834, o ferreiro de Vermont Thomas Davenport, inventou o primeiro motor eléctrico de corrente continua de América, instalando o seu motor nun pequeno modelo de coche, que funcionaba nun curto carril circular electrificado. En 1835, o profesor Sibrandus Stratingh de Groninga, nos Países Baixos e o seu axudante Christopher Becker crearon un coche eléctrico a pequena escala, impulsado por unha célula primaria non recargable. En 1838, o escocés Robert Davidson construíu unha locomotora eléctrica que alcanzou unha velocidade de 6 km/h. En Inglaterra, concedeuse unha patente en 1840 para o uso das vías férreas como condutores de corrente eléctrica, patentes estadounidenses similares foron concedidas a Lilley e Colten en 1847. Entre 1832 e 1839 (o ano exacto é incerto), Robert Anderson de Escocia inventou o primeiro carro eléctrico, impulsado por unha célula primaria non recargable.

Motores de combustión interna miniatura | Construído en 1885, o Benz Patent-Motorwagen foi o primeiro coche en entrar en produción cun motor de combustión interna. miniatura|O segundo coche Marcus de 1888 no Museo Técnico de Viena. Os primeiros intentos de facer e usar un motor de combustión interna víronse obstaculizados pola falta de combustibles adecuados, en particular combustibles líquidos, polo tanto, os primeiros motores utilizaron mesturas de gases.

Os primeiros experimentadores utilizaron gases. En 1806, o enxeñeiro suízo François Isaac de Rivaz construíu un motor impulsado por combustión interna cunha mestura de hidróxeno e osíxeno. En 1826, o inglés Samuel Brown, puxo a proba o seu motor de combustión interna con hidróxeno como combustible, usouno para propulsar un vehículo ata Shooter's Hill no sueste de Londres. Nado en Bélxica o Hippomobile de Etienne Lenoir cun motor de combustión interna dun cilindro e gas de hidróxeno como combustible fixo unha proba de París a Joinville-le-Pont en 1860, cubrindo uns nove quilómetros nunhas tres horas. Unha versión posterior foi impulsada por gas de carbón. Un vehículo Delamare-Deboutteville foi patentado e probado en 1884.

Preto de 1870, en Viena, Austria (entón o Imperio Austrohúngaro), o inventor Siegfried Marcus montou un motor de combustión interna de combustible líquido nun simple carro de man o que o converteu no primeiro home en propulsar un vehículo por medio da gasolina. Hoxe en día, este coche é coñecido como "o primeiro coche de Marcus". En 1883, Marcus conseguiu unha patente alemá dun sistema de ignición de baixa voltaxe de tipo magneto, o que foi a súa única patente automotriz. Este deseño utilizouse para todos os novos motores, e no catro prazas do "segundo coche Marcus" de 1888 a 1889. O segundo deseño de coche foi moi innovador.

É comunmente aceptado que os primeiros automóbiles con motor de gasolina foron simultaneamente desenvolvidos por enxeñeiros alemáns traballando independentemente: Karl Benz construíu o seu primeiro modelo en 1885 en Mannheim. Benz o patentou o 29 de xaneiro de 1886 e empezou a producilo en 1888, logo de que Bertha Benz, a súa esposa, demostrara, coa primeira viaxe de longa distancia en agosto de 1888, de Mannheim a Pforzheim e volta, que o aparato sen cabalos era absolutamente apropiado para o uso diario. Desde 2008 o Bertha Benz Memorial Route conmemora este acontecemento. Pouco despois, Gottlieb Daimler e Wilhelm Maybach, de Stuttgart, deseñaron o seu propio automóbil desde cero en 1889, para ser un automóbil en lugar dunha carruaxe tirada por cabalos equipado cun motor. Tamén adoitan acreditarse coa invención da primeira motocicleta en 1886, pero o italiano Enrico Bernardi da Universidade de Padua, patentou en 1882, un motor de gasolina de 0´024 CV e 122 cc dun cilindro, montado nun triciclo do seu fillo, polo que é polo menos outro candidato para o primeiro automóbil, e a primeira motocicleta; Bernardi ampliou o triciclo en 1892 para levar a dous adultos .

Un dos primeiros coches de gasolina de catro rodas do Reino Unido, construíuse en Birmingham en 1895 por Frederick William Lanchester, que patentou tamén o disco de freo; e o primeiro arranque eléctrico instalouse nun Arnold, unha adaptación do Benz Velo, construído entre 1895 e 1898.