Henri Callot foi un tirador de esgrima francés, medallista olímpico nos Xogos Olímpicos de 1896 en Atenas.

Traxectoria Callot gañou a medalla de prata na competición de florete afeccionados, quedou imbatido na rolda preliminar, derrotando a Henri Delaborde, Perikles Pierrakos-Mavromichalis e Ioannis Poulos. Na final enfrontouse co vencedor do outro grupo, o tamén francés e imbatido Eugène-Henri Gravelotte, perdendo por 3-2.

Notas

Categoría:Esgrimistas olímpicos de Francia Categoría:Medallistas olímpicos en esgrima Categoría:Medallistas olímpicos de prata por Francia Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1896 Categoría:Esgrimistas de florete Categoría:Esgrimistas nos Xogos Olímpicos de 1896