The Postal Service foi un supergrupo estadounidense de música electrónica composto polo vocalista Ben Gibbard (de Death Cab for Cutie), o produtor Jimmy Tamborello (de Dntel and Headset) con Jenny Lewis (de Rilo Kiley) nos cros, teclados e samplers ao vivo. Para a xira de reunión do grupo en 2013 uníuselles Laura Burhenn para proporcionarlles máis voces e instrumentos.
O grupo publicou o seu álbum de estrea, Give Up, en 2003 a través do selo Sub Pop Records, con boas críticas en xeral. O disco chegou ao posto 114 da lista estadounidense Billboard 200, recibindo a certificación de platino por parte da Recording Industry Association of America.
Discografía Give Up - 2003 (Sub Pop Records)
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Grupos musicais dos Ánxeles Categoría:Grupos musicais de electropop Categoría:Grupos musicais de indie pop Categoría:Grupos musicais de chiptune Categoría:Grupos musicais formados en 2001