miniatura|dereita|Niclosamida.Nome IUPAC: 5-cloro-N-(2-cloro-4-nitrofenil)-2-hidroxibenzamida.Outros nomes: Niclocide, Phenasal, Tredemine, Fenasal, YomesanPubChem compound - NiclosamideNúmero CAS: 50-65-7.
A niclosamida é un fármaco antihelmíntico (afecta aos vermes) especialmente efectivo contra os vermes cestodos que infectan aos humanos, como as tenias. Tamén se usa como piscicida (mata peixes)Schreier TM, Dawson VK, Choi Y, Spanjers NJ, Boogaard MA. Determination of niclosamide residues in rainbow trout (Oncorhynchus mykiss) and channel catfish (Ictalurus punctatus) fillet tissue by high-performance liquid chromatography. J Agric Food Chem. 2000 Jun;48(6):2212-5. PMID 10888524. e ultimamente como moluscocida para o tratamento de augas en programas de control da esquistosomíase. Aínda que pertence á familia dos antihelmínticos o seu uso específico é para tratar as infestacións por cestodos como as tenias, xa que non é efectivo contra outro tipo de vermes como os nematodos. Preséntase como unha tableta mastigable que se toma por vía oral, e a dose depende dotipo de verme e a idade e peso do paciente.
Mecanismo de acción A niclosamida desacopla a fosforilación oxidativa no verme.
Efectos secundarios Este fármaco pode ter efectos secundarios como dor abdominal, anorexia, diarrea, e vómitos. Raramente, mareos, erupcións na pel, somnolencia, proído perianal, e sabor desagradable.
Eficacia potencial contra o cancro de colon A niclosamida mostrou capacidade de inhibir a extensión do cancro de colon en estudos con animais. A droga funciona bloqueando a expresión do xene S100A4/metastasina, que pode promover a metástase do cancro de colon, e afecta a diversas vías de sinalización celular.Pan JX, Ding K, Wang CY. Niclosamide, an old antihelminthic agent, demonstrates antitumor activity by blocking multiple signaling pathways of cancer stem cells. Chin J Cancer. 2012 Apr;31(4):178-84. doi: 10.5732/cjc.011.10290. Epub 2012 Jan 9. Review. PMID 22237038.
Notas
Additional Medication Information:Medline http://www.drugs.com/cons/Niclosamide.html
Categoría:Organoclorados