Ramón Pérez Vispo,Nalgunhas fontes aparece como Ramón Pérez Bispo coñecido como Peixuco, nado en Allariz o 18 de novembro de 1904 e finado no Saviñao o 18 de xullo de 2000, foi un político galego.

Traxectoria Chegou a Escairón con 23 anos para traballar como zapateiro. Pertenceu á Agrupación Socialista do Saviñao, sendo membro da súa directiva en 1935, e ao Centro Socialista y de Oficios Varios del Saviñao. Coa folga xeral revolucionaria de 1934 foi detido, permanecendo varios meses na prisión de Monforte de Lemos.Otros documentos sobre nuestra "comarca de Lemos", durante la guerra civil. Cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estivo fuxido. Pasou un tempo na fronte de León e estivo nun campo de concentración do que logrou fuxir. Regresou a Escairón e permaneceu agochado nun pequeno burato da súa casa ata que o 4 de marzo de 1940 a Garda Civil detivo parte da súa familia (a súa muller Paz Losada Fernández e a súa cuñada Milagros Losada Fernández) para obrigalo a entregarse. Primeiro leváronas a Monforte de Lemos e despois a Lugo. Ramón entregouse o 8 de marzo xunto con Antonio Losada Ferreiro e Armando López Losada, pero aos familiares non os liberaron ata o día 28. Ramón foi xulgado por auxilio a rebelión e condenado a 12 anos de prisión. Estivo preso na Prisión Provincial de Lugo ata que lle concederon a prisión atenuada o 10 de outubro de 1941.BOE, 27-10-1941, p. 8370.

Vida persoal Casou en Escairón con Paz Losada Fernández, coa que tivo tres fillos: Elisa, Paz e Enrique Pérez Losada.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ramón Pérez Vispo. Vivencias de 'un topo' na comarca de O Saviñao. Asociación Cultural Xarela Formación-Animación. Barbadás, 2007.

Ligazóns externas Ficha en represión franquista en Lugo

Categoría:Políticos do PSOE Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Allariz Categoría:Nados en 1904 Categoría:Finados en 2000