Pavel Kolobkov (en ruso: Павел Колобков), nado en Moscova o 22 de setembro de 1969, é un tirador de esgrima retirado, militar e político ruso, gañador de seis medallas olímpicas. miniatura| Traxectoria A súa primeira participación importante foi nos Campionatos da Unión Soviética en 1985 quedando 27º de 94 atletas. Participou, aos 18 anos, nos Xogos Olímpicos de 1988 celebrados en Seúl, onde representando á Unión Soviética logrou gañar a medalla de bronce por equipos da modalidade de espada. Nos Xogos Olímpicos de 1992 de Barcelona en representación do Equipo Unificado gañou a medalla de prata na proba individual e a de bronce por equipos. Nos Xogos Olímpicos de 1996 de Atlanta representando a Rusia gañou a medalla de prata por equipos e finalizou décimo cuarto en individual. Nos Xogos Olímpicos de 2000 de Sidney gañou a medalla de ouro na proba individual e nos Xogos Olímpicos de 2004 de Atenas converteu este metal en broce. Nestes mesmos xogos rematou cuarto na proba por equipos, logrando así un diploma olímpico. No ano 2004 foi ascendido a coronel, sendo o militar de máis rango que o mesmo tempo era atleta en activo na historia da URSS e de Rusia Павел Колобков стал первым действующим спортсменом в звании полковника — ИА REGNUM. No ano 2008 colaborou nun programa de televisión da primeira canle rusa, dedicado á aprendizaxe da patinaxe artística sobre xeo facendo parella con Anna Semenovich. Desde o ano 2010 forma parte do órgano consultivo oficial Cámara Cívica da Federación Rusa Web oficial da Cámara e desde o 8 de outubro de 2010 é viceministro de deportes, turismo e mocidade da Federación Rusa Arquivo do Primeiro Ministro da Federación Rusa e foi o xefe da delegación rusa nos Xogos Olímpicos de 2012 Колобков назначен руководителем делегации РФ на ОИ в Лондоне.
Ao longo da súa carreira gañou nove medallas no Campionato do Mundo de esgrima, cinco delas de ouro; e nove medallas no Campionato de Europa da especialidade, dúas delas de ouro.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas www.olympic.org - Pavel Kolobkov www.sports-reference.com - Pavel Kolobkov www.passportmagazine.ru - Pavel Kolobkov
Categoría:Nados en 1969 Categoría:Militares de Rusia Categoría:Ministros de Rusia Categoría:Medallistas olímpicos en esgrima Categoría:Esgrimistas de espada Categoría:Esgrimistas olímpicos de Rusia Categoría:Nados en Moscova Categoría:Medallistas olímpicos de bronce pola Unión Soviética Categoría:Medallistas olímpicos de prata polo Equipo Unificado Categoría:Medallistas olímpicos de bronce polo Equipo Unificado Categoría:Medallistas olímpicos de ouro por Rusia Categoría:Medallistas olímpicos de prata por Rusia Categoría:Medallistas olímpicos de bronce por Rusia Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1988 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1992 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1996 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2000 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2004 Categoría:Esgrimistas olímpicos da Unión Soviética Categoría:Esgrimistas olímpicos do Equipo Unificado Categoría:Esgrimistas nos Xogos Olímpicos de 1988 Categoría:Esgrimistas nos Xogos Olímpicos de 1992 Categoría:Esgrimistas nos Xogos Olímpicos de 1996 Categoría:Esgrimistas nos Xogos Olímpicos de 2000 Categoría:Esgrimistas nos Xogos Olímpicos de 2004