O pradairo realNome vulgar galego en Vocabulario galego-castelán de carpintaría de madeira, Groba Bouza, F. Universidade de Vigo, 2006 a través de Buscatermos - https://aplicacions.usc.es/buscatermos/publica/buscas/busca.htm#15889716 (Acer platanoides), tamén coñecido coma pradairo noruegués, é unha especie arbórea pertencente á familia das aceráceas. Non aparece en Galiza de xeito espontáneo, atopándose coma ornamental nalgúns parques e xardíns.

Distribución e hábitat Medra en Europa, o Cáucaso, e Asia Menor. Na Península Ibérica a súa presenza limítase aos Pireneos e cultivares ornamentales.Flora Europaea: Acer platanoides distribution Den virtuella floran: Acer platanoides distribution Medra ben en solos fondos en medios de faiais, carballeiras e pradeira, en zonas de tebras. Prefire un substrato rico en substancias nutritivas.

Descrición miniatura|left|Pradairo real|200px É un árbore caducifolia que pode acadar até 35 m de altura, aínda que o habitual é que non supere os 25 m. Presenta unha casca lisa e cinsenta clara. As follas son palmadas e dentadas. As flores son de cor verde amarelenta e se dispoñen en panículas. O froito, sámara, constitúeno dúas noces unidas con ás formando entre si un ángulo.Rushforth, K. (1999). Trees of Britain and Europe. Collins ISBN 0-00-220013-9.Mitchell, A. F. (1974). A Field Guide to the Trees of Britain and Northern Europe. Collins ISBN 0-00-212035-6Mitchell, A. F. (1982). The Trees of Britain and Northern Europe. Collins ISBN 0-00-219037-0Norwegian Botanical Association: Acer platanoides photos

Especies semellantes En Europa hai dúas especie de pradairos moi semellantes que se poden confundir de xeito doado. As dúas especies presentan exemplares elevados, que poden acadar até 30–35 m de altura.

left|miniatura|200px|Acer platanoides Especies pradairo real (Acer platanoides) pradairo bravo ou común (Acer pseudoplatanus) Casca das árbores adultas Lisa, vai ter fendas verticais coa idade Semellante á do plátano oriental, despréndese en placas Gomos de cor granate de cor verde Follas Hai cultivares con follas de cor vermella púrpura Son de cor verdes Flores Aparecen no momento de se abrir os gomos Aparecen pouco despois das follas Froitos (sámaras) As sámaras atópanse na base das franzas e ten as sementes aplanada. As sámaras atópanse nas franzas e teñen a semente redonda.

Observacións miniatura|right|250px|As flores aparecen no momento de se abrir os gomos miniatura|right|250px|As sámaras teñen a semente aplanada. miniatura|right|250px|As follas dalgúns cultivares poden ser cor vermella púrpura miniatura|right|250px|Casca da árbore adulta Esta árbore pode chegar aos 150-200 anos, considerabelmente menor que outras especies de pradairos. O nome do xénero xa era empregado polos romanos ("acer": rexo, duro). Segundo outros autores, o seu nome deriva da voz celta "ac", espiña oo punta, por se ter utilizado para fabricar puntas de lanza. É sensíbel a unha micose ocasionada polo fungo Rhytisma acerinum, o que lle ocasiona unhas tacas semellantes ao alcatrán nas súas follas.

Sinonimia miniatura|left|Acer platanoides cv. Schwedleri.|200px subsp. platanoides Acer acutifolium St. Lager Acer dasyphillum Nicholson Acer dobrudschae Pax Acer fallax Pax Acer lactescens Steud. Acer laetum var. cordifolium Kanitz Acer platanifolium Stokes nom. illeg. Acer platanoides L. Acer platanoides f. drummondii (Drummond ex Schwer.) Geerinck Acer platanoides f. erectum A.D.Slavin Acer platanoides f. meyeringii Geerinck Acer platanoides var. drummondii Drummond ex Schwer. Acer platanoides var. laciniatum Hovey (= 'Laciniatum') Acer rotundum Dulac nom. illeg. Euacer platanoides (L.) Opiz

subsp. turkestanicum (Pax) P.C.de Jong Acer cappadocicum subsp. turkestanicum (Pax) A.E.Murray Acer laetum var. regelii Pax Acer lobelii Bunge nom. illeg. Acer regelii Pax Acer turkestanicum PaxSinónimos en Wikipedia

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Real Categoría:Plantas ornamentais Categoría:Árbores forestais Categoría:Flora de Europa Categoría:Plantas descritas en 1753 Categoría:Taxons descritos por Linné