Hermisende é un concello das Portelas na comarca de Seabra, ó noroeste da provincia de Zamora, en Castela e León. Este concello galegofalante é considerado tradicionalmente como un dos 48 concellos falantes de galego fóra do territorio da comunidade autónoma de Galicia. O xentilicio é «».

A localidade de Hermisende pertenceu a Portugal ata a Guerra de Restauración portuguesa en 1640, tal como as aldeas veciñas de San Ciprao e da Teixeira. Chamábase até entón Ermesende, pronuncia que continúa sendo popular no lugar, mesmo articulada con [z] sonora entre os máis vellos.

Neste concello sitúase un dos contrafortes do Penedo dos Tres Reinos, que outrora marcaba a fronteira entre os Reinos de Portugal, León e Galiza.

Poboación Hermisende posúe unha poboación moi avellentada, onde só o 2,55% da poboación (8 persoas) ten 15 anos ou menos (SIE 2010).

Parroquias Hermisende A Teixeira San Ciprao Castrelos Castromil

Festas Sagrado Corazón de Xesús: Unha semana despois do Corpus Christi. Festas en honor da Virxe da Asunción e San Roque: 15 e 16 de agosto. Tradicional volta á vila e carreira popular: 14 de agosto. Magosto: Na ponte de Todos os Santos.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Sitio web do concello "A fala de San Ciprián de Hermisende" (Capítulo 393 de Ben falado!, 22 de decembro de 2010)