Pedralba de la Pradería é un concello español da comarca de Seabra, no noroeste da provincia de Zamora, en Castela e León. Está formado polas localidades de Calabor, Lobeznos, Pedralba de la Pradería, Rihonor de Castilla e Santa Cruz de Abranes. Calabor é a única entidade galegofalante do concello.

Lingua Pedralba de la Pradería é un municipio caracterizado pola súa diversidade lingüística, ao estaren presentes nel tres linguas romances: o castelán, o galego (lingua tradicional da pedanía de Calabor) e o leonés (lingua tradicional das restantes localidades do concello). Así e todo, estas dúas últimas linguas fálanse alí nas súas respectivas variantes seabresas e por iso amosan unha gran semellanza entre si, cunha porcentaxe maioritaria de léxico compartido.

Núcleos de poboación Pedralba de la Praderia Calabor Lobeznos Rihonor de Castilla Santa Cruz de Abranes

Véxase tamén

Outros artigos Sanabria As Portelas Galicia estremeira