O Aeroporto de Granada, oficialmente chamado Federico García Lorca Granada-Xaén, é un aeroporto xestionado por Aena, que está localizado entre os concellos de Chauchina e Santa Fe, a 17 km ao oeste de Granada e 106 km ao sur de Xaén. En xuño de 2006, o aeroporto cambiou o seu nome de Aeroporto de Granada a Aeroporto Federico García Lorca de Granada-Xaén, aínda que a súa localización segue sendo a mesma.
Ofrece numerosos destinos tanto de dentro como de fóra do país. Desde Granada pódese voar xa a París-Orly e Roma-Fiumicino. En canto a España refírese, Granada conecta con Madrid, Barcelona, Palma, Melilla, Tenerife ou Gran Canaria.
Tras seis anos de crecemento sostido, no ano 2007 o aeroporto chegou alcanzou un récord no total de pasaxeiros, un total de 1 467 590, xerándose un importante crecemento con respecto aos 1 086 236 de 2006. Por contra, esa tendencia non se mantivo tanto en 2008 como en 2009 (onde xa houbo unha importante baixada respecto ao ano anterior). En 2010, ademais, debido á crise económica e sobre todo ao abandono da compañía Ryanair de varias liñas mantívose a baixada.
Aeroliñas e destinos
Estatísticas Número de pasaxeiros e de operacións desde o ano 2000:Aena Airport Statistics for 2000-2008
Ano20002001200220032004200520062007200820092010Pasaxeiros509.442514.966486.756525.869590.931875.8271 086 2361 467 6251 422 0131 187 813978.107 Operacións 9.90610.44411.18812.80413.58415.74617.58321.82219.27916.30013.841
Notas
Véxase tamén Outros artigos Federico García Lorca Ligazóns externas Sitio web en aena-aeropuertos.es
Federico Categoría:Granada Categoría:Federico García Lorca