Senén Bernárdez Ferrán, nado en Ourense o 28 de abril de 1962, é un director, realizador, guionista e creador de programas de televisión galego.

Traxectoria É fillo de Senén Bernárdez Álvarez, presidente de Coalición Galega e ex deputado e senador.

Licenciouse en Ciencias da Imaxe na Facultade de Ciencias da información da Universidade Complutense de Madrid en 1985. En novembro dese ano comezou a traballar na TVG. A partir de 1989 empezou a realizar e dirixir diversos tipos de programas como retransmisións, música en directo, teatro, magazines ou documentais.

Dirixiu os programas Atalaia, Espacio aberto, algúns capítulos de Sombras de Crime, Gallaecia Fulget: Historia da Universidade de Santiago de Compostela, O Científico na Antártida, Montevideo: pintando o ceo máis azul, Europeos: Destinos cruzados, Alalá e No bico un cantar. Notas

Categoría:Guionistas de Galicia Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1962 Categoría:Televisión de Galicia Categoría:Directores de televisión Categoría:Alumnos da Universidade Complutense de Madrid

Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes