Oldboy é un filme surcoreano dirixido por Park Chan-wook que se estreou no 2003. Segunda parte da triloxía The Vengeance Trilogy, precedida por Sympathy for Mr. Vengeance e seguida por Sympathy for Lady Vengeance. Baséase no manga homónimo de Garon Tsuchiya e Nobuaki Minegishi.
Sinopse O filme conta a historia de Oh Dae-su, que é secuestrado e pechado na habitación dun hotel durante 15 anos sen coñecer os motivos que teñen os seus raptores para facelo. Cando finalmente é liberado, Dae-su atópase a si mesmo atrapado nunha rede de conspiración e violencia. Ó seu obxectivo de vingarse engádeselle o romance cando se namora dunha fermosa cociñeira de suxi.
Personaxes Choi Min-sik como Oh Dae-su Yoo Ji-tae como Lee Woo-jin Kang Hye-jung como Mi-do Ji Dae-han como No Joo-hwan Kim Byeong-ok como Sr. Han Oh Tae-kyung como Dae-su (rapaz) Ahn Yeon-seok como Woo-jin (rapaz) Woo Il-han como Joo-hwan (rapaz) Yoon Jin-seo como Lee Soo-ah Oh Dal-su como Park Cheol-woong
Galardóns e nomeamentos 2004: Festival de Cannes: Gran Premio do Xurado. 2004: Festival de Sitges: Mellor filme.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Ficha en Korean Movie Database Ficha en AllMovie Ficha en RottenTomatoes Ficha en BoxOfficeMojo
Categoría:Filmes de 2003 Categoría:Filmes en lingua coreana Categoría:Filmes de Corea do Sur Categoría:Filmes dirixidos por Park Chan-wook Categoría:Filmes rodados en Nova Zelandia Categoría:Filmes rodados en Busan Categoría:Filmes rodados en Seúl Categoría:Filmes ambientados en 1988 Categoría:Filmes ambientados en 2003 Categoría:Filmes sobre vinganza Categoría:Filmes sobre suicidio Categoría:Filmes sobre secuestros