A diocese de Baiona, Lescar e Oloron (en latín: diocesis Baionensis - Lascurrensis et Oloronensis, en francés diocèse de Bayonne, Lescar et Oloron) é unha diocese católica, erixida co nome de "diocese de Baiona" no século IV.Aperçus sur l’histoire du Diocèse de Bayonne Lescar et Oloron: Remarques preliminaires, par Monseigneur Bernard Goity , accedido o 7 de febreiro de 2020.

Historia A diocese de Baiona foi erixida no século IV. Logo do Concordato de 1801 entre a Santa Sé e Francia que levou a unha reorganización territorial das dioceses neste país, a diocese de Baiona recibiu territorios até entón pertencentes ás dioceses de Comminges, Lescar, Lombez e Tarbes. O 6 de outubro de 1822 cedeu territorio para o restablecemento das dioceses de Tarbes e Aire. Episcopoloxio

Dende 1909, os bispos diocesanos de Baiona (Episcopus Baionensis) teñen tamén o título de bispo de Lescar (Episcopus Lascurrensis) e de Oloron (Episcopus Olorensis). Os bispos dende este acontecemento teñen sido os seguintes:Diocese of Bayonne

François-Xavier-Marie-Jules Gieure (1906 - 1933) Henri-Jean Houbaut (1934 - 1939) Edmund Vansteenberghe (1939 - 1943) Léon-Albert Terrier (1944 - 1957) Paul Gouyon (1957 - 1963) Jean-Paul Vincent (1963 - 1986) Pierre Molères (1986 - 2008) Marc Aillet (2008 - actualidade)

Notas e referencias

Baiona Baiona