A provincia do Chaco (El Chaco) é unha das 23 provincias da Arxentina. Ten unha poboación de 1 053 466 habitantes (2010) e a súa capital é Resistencia.

A súa economía baséase no sector primario, onde destacan os cultivos de algodón, soia, a produción de gando vacún, e a extracción de madeira.

Conta cunha das maiores poboacións aborixes integrada por mataco - guaycurús (wichís, tamén chamados matacos, qom coñecidos como tobas, e mocovís), como tamén por numerosos descendentes de inmigrantes da Europa Central e Oriental; checos, eslovacos, búlgaros, croatas, montenegrinos e italianos.

No 2010, Chaco pasou a ser a segunda Provincia arxentina en adoptar máis dun idioma oficial, ao declarar os idiomas qom (lingua nativa da etnia toba), moqoit (lingua nativa da etnia mocoví) e wichi (lingua nativa da etnia wichi) como idiomas oficiais alternativos da Provincia. Así, Chaco sumaríase á súa veciña Provincia de Corrientes como as únicas da República Arxentina en posuír máis dun idioma oficial (á parte do español oficial da Arxentina).

Notas e referencias

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial

Categoría:Provincia de Chaco