Os euskaltegi (pronunciado "euskaltegui") son centros de ensino da lingua éuscara orientados, maioritariamente, á ensinanza de adultos. Os euskaltegis atópanse principalmente na Comunidade Autónoma Vasca e Navarra, aínda que tamén os hai en Iparralde. Ademais, as euskal etxeas (casas ou centros culturais vascos) atópanse distribuídas por todo o mundo.

Existen dous tipos de euskaltegis dependendo da súa titularidade: Euskaltegis públicos: dependentes dos concellos. Denomínanse Udal euskaltegiak e no 2009 había 44 en Euskadi. Euskaltegis privados: dependentes de organismos ou persoas privadas.

A meirande parte dos euskaltegis de titularidade privada agrúpanse en federacións, entre as que destacan Alfabetatze eta Euskalduntze Koordinakundea (AEK) e Ikastari Kultur Elkartea (IKA). Aqueles euskaltegis onde se poden realizar estudos en réxime de internado reciben o nome de barnetegi (pronunciado "barnetegui").

miniatura|Euskaltegi Abarrak, de AEK, en Durango.

Etimoloxía O termo euskaltegi componse da palabra éuscara euskal, que se refire á lingua éuscara e -tegi que sinala "lugar", en consecuencia, o termo pódese traducir como "o lugar do éuscaro". Barnetegi componse por barne que significa "interno" e podería traducirse como "lugar de internos".

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Aprende éuscaro!, no portal da mocidade de Euskadi na web do Goberno Vasco. Web de Ulibarri Euskaltegia, en Bilbao Páxina web de AEK Alfabetatze Euskalduntze Koordinakundea Coordinadora de Alfabetización en éuscaro Web de HABE Páxina web de IKA, Ikastari Kultur Elkartea

Categoría:Lingua éuscara Categoría:Ensino no País Vasco