miniatura|262px|right|Bonnier no Gran Premio de Alemaña de 1962 pilotando un Porsche 804. Joaquín "Jo" Bonnier (nado en Estocolmo, Suecia o 31 de xaneiro de 1930 e finado en Le Mans, Francia o 11 de xuño de 1972) foi un piloto sueco de Fórmula 1 que competiu en varios equipos.
Primeiros anos 200px|miniatura|left|Bonnier nun Chaparral, durante a práctica en Nürburgring en 1966. Jo Bonnier naceu en Djurgården, Estocolmo, no seo da rica familia Bonnier. Falaba seis idiomas. Os seus pais esperaban que fora médico. O seu pai, Gert, foi profesor de xenética na Universidade de Estocolmo. Moitos membros da súa numerosa familia estaban no negocio editorial, e foi a súa aspiración unirse a eles durante un tempo. Asistiu á Universidade de Oxford durante un ano, estudou idiomas. A continuación, marchou a París, Francia pensando en aprender sobre o negocio editorial.
Primeira competición Bonnier comezou a competir nas carreiras en Suecia aos 17 anos, nunha vella motocicleta Harley-Davidson. Regresou a casa a Suecia en 1951 logo da súa viaxe a París. Participou en varios rallies como o orgulloso propietario dun Simca.Bonnier Seeks Grand Prix Win, Los Angeles Times, October 9, 1962, Page B2.
Fórmula Un Bonnier entrou na Fórmula Un en cun Maserati. A carreira deportiva de Bonnier case terminou en setembro de 1958 nunha carreira en Imola, preto de Modena. Debutou nun Maserati 1500 e correu a través da pista logo dun mal comezo. Bonnier pasou a Luigi Musso e foi sacando ao líder Eugenio Castellotti ao redor de dous segundos por volta. Bonnier perdeu o control cando outro automóbil parou diante de el, mentres negociaba unha curva rápida. O seu Maserati golpeou unha roca grande no bordo da estrada e catapultouno. O outro condutor pasou por debaixo del mentres viraba unha e outra vez no aire. Mentres estaba boca abaixo o casco do seu competidor púxose en contacto co seu. O Maserati de Bonnier aterrou de costado antes de derrapar 75 metros e dirixirse a unha gabia, onde se detivo contra un poste. Bonnier foi lanzado fóra do coche. Sufriu unha conmoción cerebral, varias costelas rotas e unha vértebra rota. Nada quedaba do seu coche a parte dunha chea de chatarra fumeante.
O seu maior logro na F1 foi a vitoria lograda para BRM no Gran Premio dos Países Baixos de 1959 en Zandvoort, cando o seu moi pouco fiable coche funcionou ben por unha vez (Dan Gurney e Hans Herrmann tiveron accidentes logo de fallarlles os freos). Tamén gañou o Gran Premio de Alemaña de 1960 cun Porsche 718, unha carreira celebrada en Fórmula 2. Bonnier foi un dos impulsores da Asociación de Pilotos de Grandes Premios. miniatura|left|Bonnier en Malia a súa vitoria para BRM, Bonnier non pilotou en moitos equipos de fábrica en toda a súa carreira, cunhas participacións illadas como piloto substituto en Lotus, Brabham e Honda. Tralo seu debut nun Maserati de fábrica, logo conduciu á súa propia escudería Joakim Bonnier Team Racing e para a Scuderia Centro Sud de Mimmo Dei nos últimos anos da década dos 50, antes de atopar un lugar nos equipos BRM e Porsche.
Logo de que Porsche deixara os Grandes Premios a final da tempada de Fórmula Un, Bonnier marchou a Rob Walker Racing Team, o único equipo privado que anotara vitorias en probas do Mundial, onde pilotou Coopers e Brabhams, anotando algúns puntos.
En 1966 refundou o seu propio equipo como Anglo-Suisse Racing Team (que máis tarde sería renomeado como Ecurie Bonnier), pero o seu interese na F1 diminúe gradualmente. A súa última tempada completa foi a de , no que cambiou o seu vello Cooper T86 por un vello McLaren. Correu en ocasionalmente na F1 ata .
En 1966, xunto cos pilotos estadounidenses Phil Hill, Richie Ginther e Carroll Shelby, foi o asesor de carreiras da famosa película Grand Prix protagonizada por James Garner. Todas as persoas mencionadas (incluíndo Garner, que fixo toda á súa propia condución) foron empregados como pilotos das escenas de carreiras. Durante a rodaxe no Gran Premio de Bélxica de 1966 no circuíto de Spa-Francorchamps, Bonnier, xunto con máis da metade dos participantes, incluíndo Jackie Stewart, Bob Bondurant, Graham Hill e Denny Hulme, estreláronse na primeira volta da carreira. Segundo Phil Hill, Bonnier pasou por un espazo á beira da pista e non puido participar no rodaxe posterior no circuíto.
Carreiras de Coches Deportivos miniatura|1965 Ademais de F1, Bonnier tamén participou en moitas carreiras de autos deportivos. Gañou a Targa Florio de 1960, co-pilotando un Porsche 718 de fábrica con Hans Herrmann, e en 1962 cun Ferrari 250 TRI patrocinado polo Conde Giovanni Volpi acadou os máximos honores nas 12 Horas de Sebring, compartindo o coche con Lucien Bianchi. En 1963 foi unha vez máis gañador na Targa Florio, con Carlo Mario Abate noutro Porsche 718 de fábrica.
1964 foi o seu mellor ano no automobilismo, onde co-pilotando un Ferrari P patrocinado por Maranello Concessionaires con Graham Hill, logrou cun 330P o segundo lugar nas 24 Horas de Le Mans e unha vitoria en Montlhéry, na carreira de 12 horas de Reims tamén logrou o primeiro lugar nun 250LM.
Logo gañou os 1000 quilómetros Nürburgring nun Chaparral en 1966 (con Phil Hill), a súa última vitoria nun grande evento deportivo, pero aínda logrou vitorias menores, os 1.000 quilómetros de Barcelona en Montjuïc en 1971 (con Ronnie Peterson) e as 4 horas de Le Mans en 1972 (con Hughes de Fierlant).
Bonnier comprou un McLaren M6B para facer a campaña nas Can-Am series de 1968. Na primeira saída no GP Karlskoga en Suecia, Bonnier tiña a pole, pero unha excursión fóra da pista na primeira volta levoulle a terminar segundo tras David Piper nun Ferrari 330P3 / 4. Logo correu co seu McLaren en cinco das seis carreiras Can-Am, o seu mellor resultado un oitavo en Las Vegas. El estivo repleto de problemas mecánicos a maioría da tempada. Con todo, terminou terceiro no M6B na carreira das 200 millas do Monte Fuji.
A principios dos anos setenta, tomou á dirección do seu equipo, presentando varios coches nas carreiras do Campionato do Mundo Sportscar quedando nun segundo plano como piloto. Tamén foi dos primeiros na loita pola seguridade nas pistas, que comezara nesa época. Con todo, viuse involucrado nun accidente na recta entre Mulsanne e a curva Indianápolis en Le Mans en 1972, cando o seu convertible Lola - Cosworth T280 colisionó cun Ferrari Daytona pilotado por un piloto suízo afeccionado Florian Vetsch. O seu coche foi catapultado ás árbores e matouse. O piloto Vic Elford viu o Ferrari ardendo furiosamente, sacou o seu Alfa Romeo Tipo 33 cara ao lado dereito da pista e correu a través da pista ata o Ferrari, abrindo a porta, tratando de sacar a Vetsch. Pero Vetsch xa saíra do coche e estaba no lado da pista onde Elford estacionara o seu Alfa. Elford viu Vetsch e logo viu os restos do Lola amarelo de Bonnier no bosque á beira da pista. Segundo Elford, o último que viu do Lola de Bonnier era que estaba "dando voltas nas árbores como un helicóptero". Máis tarde Elford entregou o seu Alfa a Helmut Marko, pero a caixa de cambios gripou e retirouse da carreira. Elford máis tarde dixo que "foi a primeira vez na miña carreira deportiva que alégrome de que o meu coche rompera."
Morte
Bonnier morreu nun accidente nas 24 Horas de Le Mans de 1972 no que o seu coche de carreiras Lola golpeou unha barreira e o auto doutro competidor antes de golpear contra as árbores do lado da pista, morrendo instantaneamente.Unique Cars and Parts. Retrieved 2013-02-03.IMDB. Retrieved 2013-02-03.
Resultados Completos na Fórmula Un (Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 Pos Puntos Officine Alfieri Maserati Maserati 250F Maserati Straight-6 ARX MON 500 BEL FRA RU ALE ITARet NC 0 Scuderia Centro Sud Maserati 250F Maserati Straight-6 ARX7 PESRet ITARet NC 0 Joakim Bonnier Racing Team MONNP 500 FRA RURet ALE Scuderia Centro Sud Maserati 250F Maserati Straight-6 ARXNP ALERet 18º 3 Joakim Bonnier Racing Team MONRet NED10 500 BEL9 RURet PORRet Giorgio Scarlatti FRA8 Owen Racing Organisation BRM P25 BRM Straight-4 ITARet MOR4 Owen Racing Organisation BRM P25 BRM Straight-4 MONRet 500 NED1 FRARet RURet ALE5 PORRet ITA8 USA 8º 10 Owen Racing Organisation BRM P25 BRM Straight-4 ARX7 18º 4 BRM P48 MON5 500 NEDRet BELRet FRARet RURet PORRet ITA USA5 Porsche System Engineering Porsche 787 Porsche Flat-4 MONRet NED11 15º 3 Porsche 718 BEL7 FRA7 RU5 ALERet ITARet USA6 Porsche System Engineering Porsche 804 Porsche Flat-4 NED7 FRA10 RURet ALE7 ITA6 USA13 RSA 15º 3 Porsche 718 MON5 BELWD Rob Walker Racing Team Cooper T60 Climax V8 MON7 BEL5 NED11 FRANC 11º 6 Cooper T66 RURet ALE6 ITA7 USA8 MEX5 RSA6 Rob Walker Racing Team Cooper T66 Climax V8 MON5 15º 3 Brabham BT11 BRM V8 NED9 BELRet FRA RURet ALERet Brabham BT7 Climax V8 AUT6 ITA12 USARet MEXRet Rob Walker Racing Team Brabham BT7 Climax V8 RSARet MON7 BELRet FRARet RU7 NEDRet ALE7 ITA7 USA8 MEXRet NC 0 Anglo-Suisse Racing Cooper T81 Maserati V12 MONNC BELRet NED7 ALERet ITARet USANC MEX6 17º 1 Brabham BT22 Climax Straight-4 FRANC Brabham BT7 Climax V8 RURet Joakim Bonnier Racing Team Cooper T81 Maserati V12 RSARet MON NED BELRet FRA RURet ALE6* CAN8 ITARet USA6 MEX10 15º 3 Joakim Bonnier Racing Team Cooper T81 Maserati V12 RSARet ESP 22º 3 McLaren M5A BRM V12 MONDNQ BELRet NED8 FRA RURet ALEDNA ITA6 CANRet USANC Honda RA301 Honda V12 MEX5 Écurie Bonnier Lotus 63 Cosworth V8 RSA ESP MON NED FRA RURet NC 0 Lotus 49B ALERet ITA CAN USA MEX Écurie Bonnier McLaren M7C Cosworth V8 RSA ESP MON BEL NED FRA RU ALE AUT ITADNQ CAN USARet MEX NC 0 Écurie Bonnier McLaren M7C Cosworth V8 RSARet ESP MON NED FRA RU ALEDNQ AUTDNS ITA10 CAN USA16 NC 0
Bonnier foi 6º no Gran Premio de Alemaña de 1967 pero otrogaronlle os puntos do quinto lugar porque os pilotos de F2 que competiron na mesma carreira non eran elixibles para gañar puntos.
Resultados nas carreiras non de campionato (Carreiras en letra grosa indican pole position) (Carreiras en itálica indican volta rápida) Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 1957 Joakim Bonnier Racing Team Maserati 250F Maserati Straight-6 SYR PAU GLV NAP RMSRet CAE4 INT4 MOD MOR 1958 Joakim Bonnier Racing Team Maserati 250F Maserati Straight-6 GLV SYR2 AIN INTRet CAE2 1959 Owen Racing Organisation BRM P25 BRM Straight-4 GLV4 AINRet INT OULDNA SIL 1960 Owen Racing Organisation BRM P25 BRM Straight-4 GLV6 INTNC SIL LOM3 OUL5 1961 Scuderia Colonia Lotus 18 Climax Str.-4 LOM GLV PAU2 VIEWD Porsche System Engineering Porsche 718 Porsche Flat-4 BRXRet AIN SYR3 NAP LON SOL2 KAN2 DAN MOD2 FLG3 OULWD LEW VAL RAN3 NAT3 RSA3 UDT-Laystall Racing Lotus 18/21 Climax Str.-4 SIL11 1962 Porsche System Engineering Porsche 718 Porsche Flat-4 CAP3 BRX2 LOM3 LAV GLV PAURet AIN INT12 NAP MAL6 CLP RMS8 Porsche 804 SOL2 KAN3 MED DAN MEXDNA RAN NAT Rob Walker Racing Team Lotus 24 Climax V8 OULRet 1963 Rob Walker Racing Team Cooper T60 Climax V8 LOM GLV PAURet IMORet INT5 ROM SOL9 MED4 AUTRet Lotus 24 SYR5 AIN Cooper T66KAN5 OULRet RAN 1964 Rob Walker Racing Team Cooper T66 Climax V8 DMT2 NWTRet SYR4 AIN4 INT16 Brabham BT11 BRM V8 SOL5 MED RAN 1965 Rob Walker Racing Team Brabham BT7 Climax V8 ROC3 SYR4 SMT5 INT5 MEDRet Lotus 25 RANRet 1966 Rob Walker Racing Team Lotus 25 Climax V8 RSARet Brabham BT11 BRM V8 SYR5 Anglo-Suisse Racing Cooper T81 Maserati V8 INT3 OUL 1967 Écurie Bonnier Cooper T81 Maserati V8 ROC SPR INTRet SYR5 OUL ESP 1968 Écurie Bonnier McLaren M5A BRM V8 ROCRet INTRet OULRet 1969 Écurie Bonnier Lotus 49B Cosworth V8 ROC INT MAD OULDNS 1971 Écurie Bonnier Lola T190 Chevrolet V8 ARXNC ROC QUE SPR INT RIN OUL VIC
Notas
Categoría:Nados en 1930 Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Suecia Categoría:Pilotos das 24 Horas de Le Mans Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Maserati Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Scuderia Centro Sud Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Ecurie Bonnier