Jesús Fernández Taboada, coñecido como Celita, foi un comerciante e político galego.

Traxectoria Na ditadura de Primo de Rivera foi elixido alcalde de Chantada en febreiro de 1924.El Progreso, 14-2-1924, p. 2. Cesou no cargo en 1927. Marchou a Cuba, onde contactou con Benito Rivadulla Pascual e Virgilio Ledo Santoandré aos que comprometeu para a creación dun periódico en Chantada. Os Hijos del Ayuntamiento de Chantada fixéronlle unha homenaxe na Habana o 26 de maio de 1928.Diario de la Marina, 27-5-1928, p. 2. Cando retornou en 1928 fundou o periódico La Voz del Agro. Volveu novamente a Cuba en decembro de 1930El Pueblo Gallego, 6-12-1930, p. 7. e retornou en xuño de 1931.Diario de la Marina, 14-6-1931, p. 4. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en 1941.

Vida persoal Casou con Celia Rodríguez da Bouza en 1909,El Correo de Galicia, 18-12-1909, p. 2. e foi pai de Cándido e Jesús Fernández Rodríguez da Bouza.miniatura|300px|Foto de portada do n.º 1 de La Voz del Agro. Chegada da viaxe á Habana de Jesús Fernández Taboada. Chantada, setembro de 1928.|centro Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Expediente de responsabilidade política nº 54/1941 de Jesús Fernández Taboada; Constantino Díaz Pérez e outros

Corporación municipal de Chantada

Categoría:Alcaldes de Chantada Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Galegos de Cuba Categoría:Finados en ano descoñecido Categoría:Nados en ano descoñecido