Benito Rivadulla Pascual, nado en Meirás (Sada), foi un comerciante, xornalista e político galego.
Traxectoria Aprobou o exame de piloto da mariña mercante en 1903.La Correspondencia Gallega, 2-11-1903, p. 2. Fundou na Coruña con outros dous socios en 1911 a sociedade Benito Rivadulla y Compañía dedicada ao negocio de comisións e representacións.El Eco de Galicia, 1-8-1911, p. 2. Foi vogal da sociedade de socorros La Verdadera Legalidad.La Voz de Galicia, 5-2-1915, p. 3. Emigrante en Cuba, foi redactor de Heraldo de Galicia e colaborou en Eco de Galicia. Ao seu retorno da illa en 1928 instalouse en Chantada como empregado da sucursal do Banco Pastor na vila. En Chantada foi director do periódico La Voz del Agro en 1928, e deixou a dirección en setembro de 1929. Na Segunda República foi elixido bibliotecario da directiva da Asociación Republicana en xaneiro de 1933,El Pueblo Gallego, 26-1-1933, p. 10. presidente do Partido Galeguista de Chantada e militou en Izquierda Republicana. Tralo golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi sancionado por responsabilidades políticas.BOE, 3-10-1941, p. 3624
Vida persoal Casou en Osedo en 1908 con Elvira Álvarez Nieves, nada en Celanova,Nova Galicia, 15-11-1908, p. 4. que finou en marzo de 1944, e foi pai de Juan e Eloisa Rivadulla Álvarez.El Correo Gallego, 7-3-1944, p. 2.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Historia de Chantada Ficha en represión franquista en Lugo La letra de médica de Eloísa Rivadulla
Categoría:Galegos de Cuba Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Sada