miniatura|200px|Ilustración Narcissus cyclamineus é unha especie de planta bulbosa da familia Amaryllidaceae, única especie da sección Clycamenei. De xeito natural, atópase distribuída exclusivamente na franxa atlántica de Galiza e norte de Portugal.
Características Presenta flores pequenas de cor amarela, cos pétalos revirados, e que medran a primeiros da primavera. A principal característica definitoria destas flores é a súa infrecuente trompeta central longa e estreita, mentres que a sección exterior está dobrada sobre si mesma, creando así unha semellanza cos ciclames.
Taxonomía Narcissus cyclamineus foi descrita polo briólogo, botánico, micólogo, pteridólogo suízo, Augustin Pyrame de Candolle e publicado en Les Liliacees...a Paris 8: sub t. 486, no ano 1815. en Trópicos Citoloxía Número de cromosomas de Narcissus cyclamineus (Fam. Amaryllidaceae) e táxones infraespecíficos: 2n=14, 14+O-1BEstudios citogenéticos y evolutivos en poblaciones españolas del género Narcissus L. sect. Aethiopis Benth. (Lamiaceae) en el Mediterráneo Occidental. Sañudo, A. (1985) Anales Jard. Bot. Madrid 42(1): 117-123 Etimoloxía Narcissus nome xenérico que fai referencia ao mozo narcisista da mitoloxía grega Νάρκισσος (Narkissos) fillo do deus río Cephissus e da ninfa Leiriope; que se distinguía pola súa beleza.
O nome deriva da verba grega: ναρκὰο, narkào (= narcótico) e refírese ao cheiro penetrante e embriagante das flores dalgunhas especies (algúns sosteñen que a palabra deriva da verba persiana نرگس e que se pronuncia Nargis, que indica que esta planta é embriagadora).
cyclamineus: epíteto latino Sinonimia Ajax cyclamineus (DC.) Haw. Narcissus pseudonarcissus subsp. cyclamineus (DC.) Baker en PlantList
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Catálogo galego de especies ameazadas Ligazóns externas Fotos de Narcissus cyclamineus na páxina web da Asociación BIGA (Biodiversidade de Galicia). Bibliografía P. J. Redouté, Liliac. 8: t. 486. 1815 : N. cyclamineus .
Categoría:Narcissus Categoría:Flora de Galicia Categoría:Plantas bulbosas