David Fernàndez Ramos, nado en Barcelona o 24 de setembro de 1974, é un xornalista e político catalán, de ideoloxía independentista, así como activista social. O 25 de novembro de 2012 converteuse en deputado electo da Candidatura d'Unitat Popular (CUP) grazas á obtención de 3 escanos para a súa formación nas eleccións ao Parlamento de Cataluña celebradas ese mesmo día.

Traxectoria Nacido en 1974 en Barcelona, estudou ciencias políticas na Universidade Autónoma de Barcelona (UAB). Foi membro fundador do Ateneu popular de Gràcia "La Torna". É membro do Grupo de Periodistas Ramon Barnils e traballa como redactor e editor no semanario La Directa. Tamén colaborou de periodista con Berria e Vilaweb. En 2006 publicou, en catalán e en castelán, unha crítica das actuacións do Estado, Cròniques del 6, con prólogo de Arcadi Oliveres. O 13 de novembro de 2012 publicou, canda Julià de Jòdar, un traballo divulgativo sobre as orixes e o proxecto da CUP, a súa formación política, a partir da recollida de opinións do contorno político da esquerda independentista catalá, titulado "Cop de CUP".

A nivel político, non militou en ningún partido valéndose sempre da condición de independente. Concorrerá por primeira vez ás eleccións nas municipais de Barcelona de 2011 no posto 14 da lista da CUP - Alternativa per Barcelona (CUP-AB), sen obter representación no consistorio. O 13 de outubro de 2012 foi escollido como cabeza de lista da CUP-Alternativa d'Esquerres por Barcelona para as eleccións ao Parlamento de Cataluña de 2012. Nestes comicios, a CUP obtén tres escanos, todos da circunscrición de Barcelona, converténdose así en deputado electo.

Obras Cròniques del 6 (2006) Rastres de Dixan, co avogado Benet Salellas (2009) Les veus de les places, canda diversos autores (2011) Cop de CUP, canda o escritor Julià de Jòdar (2012) Foc a la barraca (2013)http://blocs.mesvilaweb.cat/bloc/view/id/7153/cat/5545

Colaboracións «L'acció col·lectiva des de la comunitat» «Línia de fuga "outsider": les altres formes de construir municipi», a Construint municipi des dels moviments socials (2010) «Hi ha dret(es)», conto escrito con August Gil Matamala, en No hi ha dret(s) (2012) «Repressió 2.0; resistència a tres onzes», prólogo da obra El malson d'Orwell (2013)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Bloc de David Fernàndez YouTube.com - Parlament a l'Assemblea Nacional de la CUP un cop fou escollit presidenciable a les eleccions al Parlament de Catalunya 2012 YouTube.com - Entrevista a David Fernàndez a El 9 TV (2012)

Categoría:Nados en 1974 Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Deputados do Parlamento de Cataluña Categoría:Independentistas cataláns Categoría:Alumnos da Universidade Autónoma de Barcelona