Ruán Magan, nado no ano 1968 en Dublín, é un director e produtor de cine e documentais irlandés.

Traxectoria Dirixiu o seu primeiro documental en 1996 xunto co seu irmán, o escritor Manchán Magan, comezando así unha longa traxectoria de colaboración que o levou a facer máis de 60 documentais por todo o mundo.

No 2006 gañou un premio IFTA como produtor do documental de televisión In Search of the Pope's Children. No 2008 dirixiu Death or Canada, un proxecto no que se narra a historia da Gran Fame irlandesa.

Véxase tamén Outros artigos Manchán Magan

Ligazóns externas Páxina oficial de Ruán Magan Ficha na IMDb

Categoría:Directores de cinema de Irlanda Categoría:Nados en Dublín Categoría:Nados en 1968