miniatura|Abelás.
Núcula (do latín nucula diminutivo de noz nux) ou clusa é un froito seco indehiscente —que non se abre de súpeto ao chegar—. Xeralmente unilocular e monospermo —contén unha única semente—, aínda que tamén pode ser polispermo e se orixinar dun ovario dotado de varios carpelos dos que só madura un, e procedente da división lonxitudinal da folla carpelar dun xineceo sincárpico en dúas ou máis partes. Son clusas os aquenios das labiadas e boraxináceas e tamén a landra (froito de carballos, sobreiras e aciñeiras) ou a abelá (froito da abeleira).
Porén tamén se chama núcula ou nuculanio a unha drupa pluricarpelar con epicarpo e mesocarpo carnosos, zumarentos, coriáceos ou, incluso, fibrosos e co endocarpo lígneo e endurecido, cunha ou máis sementes. Segundo esta interpretación de nuculanio, os tipos de froito pomo (mazá) ou a noz da nogueira inclúense no tipo núcula. Os froitos dos xéneros Rhamnus (sanguiños) e Cornus (sangomiños) son exemplos de nuculanios.
Núcula tamén é cada óso miúdo do nuculanio e sinónimo anticuado de oogonio nas carofíceas.
miniatura|Froitos do sangomiño (Cornus sanguinea).
O figo (Ficus carica) é un sicono cuxas carabuñas, semellantes a sementes, son en realidade cada unha delas unha núcula.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Noz (froito)
Categoría:Froitos Categoría:Termos botánicos