Román Raña Lama, nado en Vigo o 8 de febreiro de 1960, é un escritor e crítico literario galego.
Traxectoria Doutor en Filoloxía galego-portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela, exercendo como catedrático de Lingua Galega e Literatura no IES do Castro en Vigo. Colaborou en Faro de Vigo, A Nosa Terra, Grial ou Luzes de Galiza. Deuse a coñecer ao ser premiado na V edición do Premio Modesto R. Figueiredo o seu relato Botella Náufraga.
Forma parte da vaga de escritores galegos agrupados na Xeración dos 80.
Obra Poesía Retrato de sombra en outono, 1980, Edicións do Cerne. Nas areias doutro mar, 1984, Concello de Ourense. Extramuros da noite, 1985, Sociedad de Cultura Valle-Inclán. Da muda primavera, 1988. Sociedad de Cultura Valle-Inclán. Ningún camiño, 1997, Galaxia. Eloxio da desorde, 2002, Deputación da Coruña. As metamorfoses do túnel, 2005, PEN Clube de Galicia. Zen invernos, 2005. O incendio das palabras, 2009, Espiral Maior.
Narrativa O crime da rúa da Moeda Vella, 1989, Xerais.
Ensaio A vixília no Gólgota infinito (As liñas temáticas en 'Lanza de soledá'), 1994, Fundación Caixa Galicia. Manual e escolma do Rexurdimento, 1995, Sotelo Blanco. A Noite nas palabras: unha aproximación á poesía galega de posguerra, 1996, Sotelo Blanco.
Obras colectivas Concurso de Narracións Curtas Modesto R. Figueiredo, 1980, Ediciós do Castro. Escolma de poesía galega (1976-1984), 1984, Sotelo Blanco. Nun cuarto para agardar e outras historias, 1985, Ediciós do Castro. Desde a palabra, doce voces, 1986, Sotelo Blanco. Fernando Pessoa. Centenario do seu nascimento, 1988, Ediciós do Castro. Longa lingua, 2002, Xerais. Poetas e Narradores nas súas voces. II, 2006, Consello da Cultura Galega. Educación e Paz III. Literatura galega pola Paz, 2008, Xerais. Pel con pel, 2010, Galaxia.Autores: Alfredo Ferreiro, Begoña Caamaño, Dores Tembrás, Eduardo Estévez, Francisco Castro Veloso, Ledicia Costas, Marta Dacosta, Román Raña, Xosé María Álvarez Cáccamo e Yolanda Castaño. 150 Cantares para Rosalía de Castro, 2015.libro electrónico De Cantares Hoxe. Os Cantares Gallegos de Rosalía de Castro no século XXI, 2015, Fundación Rosalía de Castro/Radio Galega.
Edicións De catro a catro e outros textos, de Manuel Antonio, 1989, Xerais. Mesteres, de Arcadio López-Casanova, 1999, Xerais. Os outros feirantes, de Álvaro Cunqueiro, 2001, Galaxia. Poesía galega toda, de Xosé Carlos Gómez Alfaro, 2009, PEN Clube de Galicia.
Premios Accésit do Premio Modesto R. Figueiredo en 1979, por Botella Náufraga. Premio Celso Emilio Ferreiro do Concello de Santiago en 1980, por Retrato de sombra en outono. Premio Cidade da Coruña en 1981, por Illa de eternidade, libro inédito. Premio de poesía Cidade de Ourense en 1984, con Nas areias doutro mar. Premio ex aequo do Premio Modesto R. Figueiredo en 1984, con O último hexagrama. Premio Esquío de poesía en 1987, con Da muda primavera. Premio Blanco Amor en 1989, por O crime da rúa da Moeda Vella. Premio Literario Ánxel Fole en 1994, por A vixília no Gólgota infinito. Premio de poesía Martín Codax en 1997, por Ningún camiño. Premio de poesía Miguel González Garcés en 2002, por Eloxio da desorde. Premio de poesía Caixanova en 2004, por As metamorfoses do túnel. Premio da Crítica española en 2005, por As metamorfoses do túnel.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina do autor en Galaxia
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en Vigo Categoría:Gañadores do Premio Blanco Amor Categoría:Premio Esquío Categoría:Premio Ánxel Fole Categoría:Profesores de educación secundaria Categoría:Nados en 1960