Xosé Vázquez Pintor, nado en Melide o 30 de novembro de 1946, é un profesor e escritor galego. Traxectoria Criado en Agolada, é licenciado en ciencias da educación pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi fundador dos grupos de Teatro Amador Ancoradouro-Mimo e Casa da Bola. No 2008 foi nomeado socio de honra da Asociación de Escritores en Lingua Galega. No 1972 comezou de mestre de primaria en Cangas de Morrazo e rematou de profesor de secundaria en Pontevedra.

Ten colaborado en diversos medios, como El Ideal Gallego, A Nosa Terra (socio fundador e colaborador en Deportes e Sociedade), Faro de Vigo, La Voz de Galicia, SER-Galicia ou Televisión do Morrazo.

Ten usado os pseudónimos Álvaro Carmoega e Pepe de Vila.

75 apertas de buxo irmandadas para Pintor é un libro homenaxe publicado en 2022 por Fervenza (ISBN 978-84-18136-61-0).

Obra Poesía Gándaras (1971). Lugo: Celta. 91 páxs. Terra e pan (1975). Pontevedra: Imp Paredes. 60 páxs. O espertar tamén é noso (1977). Edicións do Rueiro. 90 páxs. ISBN 978-84-85220-06-9. Ofidios de diario (1984) Edicións do Cerne. 77 páxs. ISBN 84-85378-20-9. Na vertical da noite (1990). Concello de Ourense. 112 páxs. ISBN 978-84-505-9148-4. No corazón mancado (1990). Sociedade de Cultura Valle-Inclán. ISBN 9788486046408. Rotación violeta (1996). Culleredo: Espiral Maior. 72 páxs. ISBN 9788488137890. Banzados (2001). Culleredo: Espiral Maior. 100 páxs. ISBN 9788495625199. Seara: obra poética (1971-2011) (2011). Culleredo: Espiral Maior. 332 páxs. ISBN 978-84-92646-66-1. Bicos (2016). Silleda: Edicións Fervenza. 76 páxs.

Narrativa De ida e volta (1975). Vigo: Edicións Castrelos. 68 páxs. ISBN 978-84-7041-074-1. Quen faga voar (2000). Santiago: Laiovento. 146 páxs. ISBN 9788489896833. A memoria do boi (2001). Vigo: Xerais. 168 páxs. ISBN 9788483026441. Publicado por Biblioteca Gallega nº 117, La Voz de Galicia, 2002, ISBN 9788497570114. Mar de bronce (2003). Vigo: Xerais. 192 páxs. ISBN 978-84-7507-168-8. Para dicir abril (2008). Santiago: Sotelo Blanco. 238 páxs. ISBN 9788478245420. Máis vidas (2009) Culleredo: Espiral Maior. 117 páxs. ISBN 9788492646081. Antípodas (2015). Vigo: Xerais. 248 páxs. ISBN 978-84-9914-802-1. ePub: ISBN 978-84-9914-815-1.

Literatura infanto-xuvenil Lume de biqueira (1999). Vigo: Xerais, Fóra de xogo. 280 páxs. ISBN 9788483023884. A folla seca (2003). Santiago: Sotelo Blanco. 28 páxs. Ilustacións de María Lires. ISBN 9788478244195. Asubío, Fina e Petra, xente moi lareta (2006). Everest Galicia. 84 páxs. Ilustracións de Andrés Meixide. ISBN 9788440305251. Teatro do patacón. Os pés do vento (2008). Silleda: Edicións Fervenza. 26 páxs. Ilustracións de Manuel Fragoso. ISBN 84-96368-68-8.

Teatro A Parroquia (1976). A fraga encantada (1987). Silleda: Edicións Fervenza. 30 páxs. ISBN 978-84-96368-01-9. Sala de espera (2001). Silleda: Edicións Fervenza, Teatro Escolar. Ilustracións de Paco Lareo. ISBN 84-930917-2-3. Teatro de Pintor (2020). Silleda: Edicións Fervenza. 229 páxs. ISBN 9788417094904.

Ensaio Os vellos oficios (1996). Vigo: Xerais. 144 páxs. ISBN 9788475079745. (sobre os oficios 1) A tribo sabe (1999). Vigo: Xerais. 176 páxs. ISBN 9788483024034. (sobre os oficios 2) Tal era vivir (2004). Vigo: Xerais. 168 páxs. ISBN 9788497821919. (sobre os oficios 3) Palabras de papel: da miña terra e xente (2007). Anuario de Estudios e Investigación Deza (separata). A Terra do Medio (viaxes literarias) (2009). A Nosa Terra. 70 páxs. ISBN 9788483413296. Retrato intimista de seis municipios galegos.

Artigos xornalísticos Columnas de papel (2013). Cangas de Morrazo: Edicións Morgante. Columnas de papel 2 (1993-2012) (2014). Cangas de Morrazo: Edicións Morgante.

Obras colectivas Os novísimos da poesía galega, 1973, Akal. II Festival da Poesía do Condado, 1982, S. C. D. Condado. III Festival da Poesía no Condado, 1983, S. C. D. Condado. IV Festival da Poesía no Condado, 1984, S. C. D. Condado. Escolma de poesía galega (1976-1984), 1984, Sotelo Blanco. V Festival da Poesia no Condado, 1985, S. C. D. Condado. VII Festival da Poesia no Condado, 1987, S. C. D. Condado. XIII Festival da Poesia no Condado, 1993, S. C. D. Condado. XIV Festival da Poesia no Condado, 1994, S. C. D. Condado. XV Festival da Poesia no Condado, 1995, S. C. D. Condado. Desde mil novecentos trinta e seis: homenaxe da poesía e da plástica galega aos que loitaron pola liberdade, 1995, Ediciós do Castro. Longa lingua, 2002, Xerais. Alma de beiramar, 2003, AELG. Homenaxe poética ao trobador Xohan de Requeixo, 2003. Narradio. 56 historias no ar, 2003, Xerais. Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra, 2003, Espiral Maior. Uxío Novoneyra. A emoción da Terra, 2004, AELG. Xela Arias, quedas en nós, 2004, Xerais. Escrita Contemporánea, Homenaxe a Ánxel Casal, 2005, AELG. Cartafol poético para Alexandre Bóveda, 2006, Espiral Maior. A Coruña á luz das letras, 2008, Trifolium. Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade, 2009, Difusora. En defensa do Poleiro. A voz dos escritores galegos en Celanova, 2010, Toxosoutos. Vivir un soño repetido. Homenaxe a Lois Pereiro, 2011, AELG, libro electrónico. A cidade na poesía galega do século XXI, 2012, Toxosoutos. Dez anos de poesía nas Pontes, 2013, Galebook. Versus cianuro. Poemas contra a mina de ouro de Corcoesto, 2013, A. C. Caldeirón. 150 Cantares para Rosalía de Castro, 2015, libro electrónico. Pontevedra. Laranxeiras e limoeiros, 2015, Concello de Pontevedra/Galaxia. Verbo na arria. Homenaxe literaria a Xohan Xesus González, 2016, Fervenza. Os aforismos do riso futurista, 2016, Xerais.

Premios 2º Premio do Concurso nacional de contos infantís O Facho no 1973, por Pousafoles. Premio Eduardo Pondal no 1981, por Ofidios de diario. Premio de poesía Cidade de Ourense no 1989, por Na vertical da noite. Premio Esquío de poesía no 1989, por No corazón mancado. Premio de poesía Uxío Novoneyra no 2000, por Banzados. Premio Carvalho Calero de creación literaria no 2000, por Quen faga voar. Premio Torrente Ballester no 2000, por A memoria do boi. Premio da Crítica de narrativa galega no 2001, por A memoria do boi. Premio Vicente Risco de creación literaria no 2007, por Para dicir abril.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas na Biblioteca Virtual Galega. Perfil en As escollas electivas Entrevista de Literatura Galega do S.XX do alumnado do IES Manuel García Barros

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Nados en Melide

Categoría:Nados en 1946 Categoría:Premio Esquío