Un estatólito é unha estrutura que intervén na percepción da gravidade. Pode referirse a:
Estatólito. Estrutura calcaria situada dentro dos estatocistos dalgúns invertebrados, que se utiliza para percibir a gravidade e para o equilibrio. Estatólito, tamén chamado otólito, estatoconio ou otoconio. Estrutura que se encontra no oído interno, concretamente no labirinto vestibular, dos vertebrados. Estatólito. Estrutura constituída xeralmente por un amiloplasto modificado moi denso, que se encontra dentro dos estatocitos das plantas, que se utiliza para percibir a gravidade.
Véxase tamén Otólito