O vocábulo orballo pode referirse a:
o orballo, fenómeno atmosférico consistente na aparición de pingas de auga no chan e nas plantas, procedentes da condensación do vapor de auga da atmosfera. Chámase tamén resío ou rosada. o orballo, choiva fina, tamén chamada babuxa, baión, borralleira, chuvia miúda, chuvisca, chuviscada, froallo, lapiñeira, mormaceira, patiñeira, poalleira ou zarzallo. o punto de orballo (de resío ou de rosada) que é a temperatura á cal empeza a condensarse o vapor de auga contido no aire ou na auga, producindo orballo, néboa ou xeada. a Asociación folklórica e cultural Orballo de Pontedeume.