O Castro Candaz son os restos dun poboado castrexo e fortaleza medieval, situados entre as desembocaduras do río da Lama e o río Enviande no río Miño, na parroquia de Pedrafita (Chantada). Actualmente está asolagado polas augas do encoro de Belesar.
Historia Segundo o memorial nobiliario da casa de Camba, o Castro Candaz foi fundado polo cónsul romano Lucio Cambero, destinado en Lugo e vinculado familiarmente aos “montañeses de Galicia”, que loitaría xunto coa tribo dos aunonenses fronte a dúas lexións romanas mandadas polo emperador Traxano. Trala derrota, Lucio Cambero retírase ao castro. Entrada ao recinto.|miniatura Segundo Formoso Lamas, durante a segunda vaga de invasións normandas, estes superaron o Monte Faro e chegaron até Chantada, onde se erguera unha empalizada (Plantata). Tras arrasaren coa vila, os viquingos seguiron avanzando e os nobres da vila refuxiáronse en Castro Candaz, custodiado pola familia dos Erice ou Eriz. onde recibiron a axuda das tropas do rei Ramiro I de Asturias.
Durante a idade media posiblemente o castro estivo vinculado a algún tipo de porto que atravesara o Miño por esta banda. Vista do recinto desde a entrada.|miniatura A fortaleza foi destruída en gran parte durante a Gran guerra irmandiña. Pouco despois foi reconstruída pola familia dos Taboada, que en 1474 escriben unha carta ao bispo de Lugo pedindo permiso para construír en Castro Candaz unha ermida, para poderen asistir á misa sen afastarse da fortalezaDíaz-Castroverde Lodeiro, X. L.: Morgados e xurisdicións na Terra e Condado de Taboada. Séculos XV-XVIII..
En tempos recentes a área foi modificada para construír socalcos nas que plantar vide, modificando a arquitectura da zona.
Arquitectura miniatura|Fiestra con pedras de granito. O castro está situado nun promontorio rodeado por auga por todas partes agás polo oeste, con tres chairas como defensa natural. Ao gran patio central accédese por unha rampla, e tras el accédese ao antigo castelo, cunha plataforma circular na zona superior, rodeada de murallas circulares concéntricas, unha delas de 2,10 m de alto. Consérvanse os cimentos da torre, se ben varias dependencias da zona oriental están derrubadas. A comezos do século XX conservábanse dúas paredes do antigo castelo, que formaban un ángulo recto cun ancho de 1,88 m e 5 m de longo.
Os muros, murallas e estancias están construídos con xistos, se ben hai pezas de granito reutilizadas, como algún lintel en fiestras ou bases de portas.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Bibliografía De la nobleza de la casa de Camba y sus principios, y fundación del castillo de Castrocandaz, solar de Cambas y Taboadas de Galicia, 2012. Formoso Lamas, M.: Apuntes para la historia de Chantada.
Ligazóns externas Ficha na web do concello de Chantada. "Castro Candaz: o corazón mergullado da historia mitolóxica de Galicia", artigo de Manuel Gago Mariño no blog Capítulo 0, 26 de outubro de 2010. "Atención: aberto o paso cara Castro Candaz", artigo de Manuel Gago Mariño no blog Capítulo 0, 3 de xuño de 2011.
Categoría:Castros de Chantada