miniatura|Neno tomando leite do peito da súa nai. miniatura|Cando o neno succiona o peito da nai, unha hormona chamada oxitocina obriga ao leite a fluír polos alvéolos da glándula, ata os ductos e chegar aos sacos de leite situados tras a aréola e saír ao exterior.

O leite humano ou leite materno humano é o leite producido polas glándulas mamarias da muller para a alimentación inicial dos seus fillos. O leite é a primeira forma de nutrición do neonato nos mamíferos antes de que poida comer e dixerir outros alimentos. Acéptase de forma xeral que a lactación ten unha serie de beneficios para a saúde do meniño e a nai.

Produción Baixo a influencia das hormonas prolactina e oxitocina, as mulleres producen leite despois de que se produce o nacemento do bebé. O leite producido inicialmente denomínase costro, o cal contén un nivel elevado de inmunoglobulina A (IgA), que cubrirá o tracto gastrointestinal do neno. Isto axuda a protexer ao neonato ata que o seu propio sistema inmunitario funcione plenamente, e crea un suave efecto laxante, que expulsa o meconio e axuda a impedir a acumulación de bilirrubina (un factor que contribuiría á ictericia).

A verdadeira incapacidade de producir leite dabondo para alimentar ao neno é rara, e os estudos de nais de países subdesenvolvidos que estaban pasando un período de escaseza nutricional mostran que malia todo producían cantidades de leite de calidade similar ao das nais de países desenvolvidos.Prentice, A.M., Paul, A., Prentice, A., Black, A., Cole, T., & Whitehead, R. (1986). Cross - cultural differences in lactational performance. In Maternal Environmental Factors in Human Lactation. Human Lactation 2, pp. 13 = 44 [Hamosh, M., & Goldman, A.S. (eds). New York: Plenum Press. Porén, hai moitas razóns polas cales unha nai pode non producir leite suficiente. A máis común é que o meniño non conecta eficientemente coa mamila e non succiona o suficiente como para facer saír o leite, e outras son certas medicacións (como os contraceptivos con estróxenos), enfermidades e deshidratación. Unha razón máis rara é a síndrome de Sheehan, tamén chamada hipopituitarismo posparto, que está asociada cunha deficiencia de prolactina, e que pode requirir a administración de hormonas.

A cantidade de leite producido depende da frecuencia coa que a nai dá o peito (e/ou bombea leite para almacenalo); canto máis aleite a nai ao meniño (ou bombee leite), máis leite producirá.

Composición + Composición do leite humanoConstituents of human milk United Nations University Centre Graxas total (g/100 mL) 4,2 ácidos graxos de 8C (% ) trazas ácidos graxos insaturados (%) 14 Proteína (g/100 mL) total 1,1 caseína 0,4 0,3 α-lactoalbumina 0,3 lactoferrina (apo-lactoferrina) 0,2 IgA 0,1 IgG 0,001 lisozima 0,05 albumina sérica 0,05 ß-lactoglobulina - Carbohidratos (g/100 mL) lactosa 7 oligosacáridos 0,5 Minerais (g/100 mL) calcio 0,03 fósforo 0,014 sodio 0,015 potasio 0,055 cloro 0,043

Se faltan os nutrientes procedentes dos alimentos, estes poden obterse dos depósitos almacenados no corpo da nai para producir o leite, pero aínda así, a composición exacta do leite materno varía dun día para outro, dependendo da composición dos alimentos comidos e do ambiente, o que significa que a proporción de auga e graxas flutúa.

Durante os primeiros días despois do parto, a nai produce costro. Este é un fluído amarelado pouco denso, que é o mesmo fluído que ás veces gotea dos peitos durante o embarazo. É rico en proteínas e anticorpos que proporcionan unha inmunidade pasiva ao meniño, xa que o seu sistema inmunitario non está desenvolvido no momento do nacemento. O costro tamén axuda ao aparato dixestivo do neonato a crecer e funcionar debidamente.

O costro cambia gradualmente ata converterse no leite maduro. Nos primeiros 3-4 días o leite aparece pouco espeso e acuoso e sabe moi doce, e máis tarde farase máis espeso e cremoso. O leite humano apaga a sede e fame do meniño e fornece as proteínas, azucres, minerais, e anticorpos que precisa.

Nas décadas de 1980 e 1990 era frecuente que os profesionais da lactación fixesen a diferenciación entre o primeiro leite e o leite do final durante unha sesión de lactación. Pero esta diferenciación causa confusión, xa que non hai dous tipos de leite. En realidade, a medida que o bebé se aleita o contido de graxa do leite aumenta gradualmente, polo que o leite se fai cada vez máis graxo.Mohrbacher, https://breastfeedingusa.org/content/article/worries-about-foremilk-and-hindmilk

O nivel de inmunoglobulinas A (IgA) no leite humano mantense alto desde o día 10 ata polo menos 7,5 meses despois do parto.Rechtman, DJ and Ferry, B. and Lee, ML and Chapel, H. 2002. International Journal of Infectious Diseases 6, pS58.

O leite humano contén de 0,8% a 0,9% de proteínas, 4,5% de graxas, 7,1% de carbohidratos, e 0,2% de minerais.Belitz, H Food Chemistry, 4th Edition, p.501 table 10.5 Os carbohidratos son principalmente a lactosa; identificáronse como compoñentes menores varios oligosacáridos baseados na lactosa. A fracción graxa contén triglicéridos específicos de ácido palmítico e ácido oleico (triglicéridos con enlace éster O-P-O), e tamén cantidades bastante grandes de lípidos con dobres enlaces trans que algúns estudos consideran beneficiosos para a saúdeBassett, C. M. C.; Edel, A. L.; Patenaude, A. F.; McCullough, R. S.; Blackwood, D. P.; Chouinard, P. Y.; Paquin, P.; Lamarche, B. et al. (Jan 2010). "Dietary Vaccenic Acid Has Antiatherogenic Effects in LDLr-/- Mice". The Journal of Nutrition 140 (1): 18–24. doi:10.3945/jn.109.105163. PMID 19923390. (a diferenza doutras graxas trans). Trátase do ácido vaccénico, e o ácido linoleico conxugado (CLA) que supoñen o 6% da graxa do leite humano.Precht, D and J.Molkentin. C18:1, C18:2, and C8:3 trans and cis fatty acid isomers including conjugated cis delta 9, trans delta 11 linoleic acid (CLA) as well as total fat composition of German human milk lipids, Nahrung 1999 43(4) 233-244Friesen, R, and S.M. Innis, Trans Fatty acids in Human milk in Canada declined with the introduction of trans fat food labeling, J. Nut 2006, 136 2558-2561

As principais proteínas son a caseína (homóloga da β-caseína bovina), α-lactoalbumina, lactoferrina (apo-lactoferrina), IgA, lisozima, e albumina sérica. Nun ambiente ácido como o do estómago, a α-lactoalbumina desprégase adoptando unha forma diferente e únese ao ácido oleico para formar un complexo chamado HAMLET que ten a capacidade de matar células tumorais. Isto crese que contribúe á protección dos bebés lactantes contra o cancro.

Os compostos que conteñen nitróxeno non proteico supoñen o 25% do nitróxeno do leite, e entre eles están a urea, ácido úrico, creatina, creatinina, aminoácidos, e nucleótidos. O leite materno ten tamén variacións circadianas na súa composición; algúns dos nucleótidos prodúcense máis comunmente durante a noite, outros durante o día. miniatura|Costro e leite normal humanos. miniatura|300px|Dúas mostras de 25 mL de leite humano. A mostra da esquerda é o "primeiro" leite e a da dereita é o leite "do final" durante unha sesión de lactación.

O leite materno proporciona un tipo de endocannabinoide chamado 2-araquidonoilglicerol.

O leite humano das nais diabéticas ten diferente composición ca o das mulleres non diabéticas. Pode conter niveis elevados de glicosa e insulina e niveis diminuídos de ácidos graxos poliinsaturados. Detectouse un efecto dependente de dose exercido polo leite de diabéticas sobre o aumento de atrasos da linguaxe nos nenos, aínda que os doutores recomendan que as nais diabéticas dean o peito a pesar dese risco potencial.

Comparación con outros leites Todas as especies de mamíferos producen leite, pero a súa composición en cada especie varía amplamente, e nalgúns casos son moi diferentes á do leito humano. En xeral, o leite dos mamíferos que se aleitan con gran frecuencia (o que inclúe aos humanos) é menos rica, ou máis augada, ca o leite dos mamíferos que se aleitan con menos frecuencia. O leite humano é menos espeso e máis doce ca o de vaca, por exemplo.

O leite de vaca enteiro contén demasiado pouco ferro, retinol, vitamina E, vitamina C, vitamina D, graxas insaturadas ou ácidos graxos esenciais para os requirimentos dun bebé.Department of Health, 1994. Weaning and the weaning diet. Report of the Working Group on the Weaning Diet of the Committee on Medical Aspects of Food Policy. London: HMSO. Report on Health and Social Subjects No 45.FSA, 2002. McCance and Widdowson’s The Composition of Foods, 6th summary edition. Cambridge, England, Royal Society of Chemistry. Ademais ten demasiadas proteínas, sodio, potasio, fósforo e cloruro o cal pode someter a un esforzo os inmaturos riles infantís. Ademais, as proteínas, graxas e calcio do leite vacún son máis difíciles de dixerir e absorber polo neno ca os do leite humano.MedlinePlus Medical Encyclopedia: Cow's milk for infants and childrenMartinez, G.A., Ryan, A.S. and Malec, D.J. 1985. Nutrient intakes of American infants and children fed cow's milk or infant formula. American Journal of Diseases in Children. 139 (10) 1010-8. Unha pequena porción dos nenos son alérxicos ao leite vacún, xeralmente ás súas proteínas.Lactose Intolerance , National Institute of Child Health and Human Development (NICHD) Estes problemas tamén poden afectar aos leites maternizados derivados do leite de vaca.

Beneficios

A Organización Mundial da Saúde recomenda dar o peito durante os primeiros seis meses de vida, e introducir gradualmente as comidas sólidas despois dese tempo. A lactación complementaria recoméndase ata os dous anos ou máis, xa que tamén é beneficiosa nos nenos pequenos. A lactación no neno diminúe o risco de contraer diversas infeccións e enfermidades crónicas e favorece a súa maduración cognitiva. Persico, M.; Podoshin, L.; Fradis, M.; Golan, D.; Wellisch, G. (1983). "Recurrent middle-ear infections in infants: The protective role of maternal breast feeding". Ear, nose, & throat journal 62 (6): 297–304. PMID 6409579.Cantey, J.; Bascik, S.; Heyne, N.; Gonzalez, J.; Jackson, G.; Rogers, V.; Sheffield, J.; Treviño, S. et al. (2012). "Prevention of Mother-to-Infant Transmission of Influenza during the Postpartum Period". American Journal of Perinatology. doi:10.1055/s-0032-1323585. PMID 22926635.Finigan, V. (2012). "Breastfeeding and diabetes: Part 2". The practising midwife 15 (11): 33–34, 36. PMID 23304866.Salone, L. R.; Vann Jr, W. F.; Dee, D. L. (2013). "Breastfeeding: An overview of oral and general health benefits". Journal of the American Dental Association (1939) 144 (2): 143–151. PMID 23372130.Lausten-Thomsen, U.; Bille, D. S.; Nässlund, I.; Folskov, L.; Larsen, T.; Holm, J. C. (2013). "Neonatal anthropometrics and correlation to childhood obesity—data from the Danish Children's Obesity Clinic". European Journal of Pediatrics. doi:10.1007/s00431-013-1949-z. PMID 23371390.

A lactación materna tamén proporciona beneficios para a saúde da nai. Axuda á nai a que o seu aparato reprodutor se recupere despois do parto, e que volva ao seu peso normal anterior ao ambarazo, e, segundo algúns estudos, reduce o risco de cancro de mama durante a vida.