A andoriña de cu branco ou avión (Delichon urbicum) é unha ave da familia das Hirundinidae.
Morfoloxía e hábitos É unha ave de 13 cm de lonxitude e 20 gramos de peso. Similar á andoriña común, mais coa cola en forma de V curta. Branca toda a parte inferior do corpo, do queixo á rabadilla. O lombo e parte superior da cabeza son negros con tonalidades azuis. A especie non presenta dimorfismo sexual.
Ave gregaria, voa con picados frecuentes, mais sen a velocidade e versatilidade da andoriña; aliméntase de insectos voadores.
Confiada cos humanos, a especie habita en aldeas, zonas de agro, cantís e canteiras.
Reprodución O período de cría vai de maio a setembro, facendo unha posta de 4-5 ovos. Realiza 2-3 postas ó ano, sendo o tempo de incubación de 12-13 días e permanecendo os polos 16-23 días no niño. Este adoita estar en edificios ou en rochedos e ten forma convexa cun único orificio de entrada.
Distribución De abril a outubro é moi frecuente en toda Europa e Norte de África. Pasa o inverno en África. Notas
Véxase tamén Bibliografía Guía de Aves: España, Europa y Región Mediterránea. Lars Svensson, Killian Mullarney, Dan Zetterstïons. Ediciones Omega. Gran Guía de la Naturaleza AVES. Nicolai, Singer, Wothe. Editorial Everest .
Categoría:Hirundínidos Categoría:Animais descritos en 1758