A pica de Hodgson (Anthus hodgsoni) é un paxaro paseriforme da familia dos motacílidos. É nativa de Asia Meridional, central e oriental, así como tamén da parte nordeste da Rusia europea.
Características É unha ave migratoria de longa distancia que no inverno se despraza cara a Indonesia e outros países de Asia Meridional. É moi semellante á pica das árbores (Anthus trivialis), pero presenta unha cor de tons oliva e menos raias no dorso. Ademais, as marcas de cor na zona superciliar tamén son diferentes.
Subespecies Distínguense dúas subespecies de Anthus hodgsoni: Anthus hodgsoni hodgsoni Richmond, 1907. Anthus hodgsoni yunnanensis Uchida e Kuroda 1916. Clasificación dos motacílidos con subespecies
Galería de imaxes
Notas
Categoría:Motacílidos Categoría:Animais descritos en 1907