Carmine Crocco, coñecido como Donatello, nado o 5 de xuño de 1830 en Rionero in Vulture e finado o 18 de xuño de 1905 en Portoferraio, foi un bandido e guerrilleiro italiano, o máis temible no século XIX en Italia.
Deixou o servizo militar despois de matar un compañeiro e, para evitar a prisión, entrou no exército de Giuseppe Garibaldi para recibir a graza pero foi detido. Tras a unificación italiana, tornouse o xefe da reacción borbónica e dirixiu un exército de 2.000 homes contra o Reino de Italia. Foi preso e morreu en prisión.
Categoría:Criminais Categoría:Nados en 1830 Categoría:Finados en 1905 Categoría:Personalidades de Italia Categoría:Nados na provincia de Potenza