miniatura|300x300px|Pomacentrus pavo Os pomacéntridos (Pomacentridae) son unha familia de peixes mariños incluída na suborde Labroidei, da orde dos Perciformes.

A denominación da familia deriva do grego poma, cobertura (en referencia ó opérculo), e kentron, aguillón, pola liña afiada que presentan na marxe do opérculo.

Morfoloxía Corpo oval, alto e comprimido, con boca pequena e protráctil. A aleta dorsal, única, posúe 9-14 radios espiñosos (normalmente, 12-13) e 11-18 radios brandos. Na anal, 2 espiñas.

Alcanzan tamaños máximos de 35 cm.

Hábitat e bioloxía Son especies de mares tropicais e temperados do Indopacífico, raramente de augas salobres.

É característico o seu sedentarismo e forte territorialidade, o que, unido ás rechamantes cores dalgunhas especies, fai que sexan moi apreciados en acuarioloxía.

Taxonomía A familia pomacéntridos divídese en 28 xéneros e 321 especies (FishBase).

Véxase tamén Ligazóns externas

Ficha en FishBase Ficha en World Register of Marine Species

Categoría:Labroideos