Manuel Cao Turnes, nado en Calzande (San Xián de Sales, Vedra) o 4 de xuño de 1894 e finado en Buenos Aires o 23 de febreiro de 1952, foi un empresario, político e xornalista galego.

Traxectoria Chegou a Arxentina en 1907, onde chegou a ser titular e xerente de Establecimientos Ortopédicos Argentinos. En abril de 1913, xunto cun grupo de veciños de San Xián de Sales que residían na capital arxentina e que formaban parte da Sociedad de Residentes del Municipio de Vedra en Buenos Aires, fundou a Sociedad Unión y Progreso de San Julián de Sales. En decembro de 1915 foi elixido presidente da Sociedade para o período 1916-1917, pero uns meses máis tarde abandonou a presidencia para viaxar a Galicia.

Entre 1915 a 1920 colaborou na revista Teo de orientación esquerdista e agrarista, que chegou a dirixir. O 24 de setembro de 1921 comezou o congreso constituínte da Federación de Sociedades Gallegas Agrarias y Culturales no que participaron doce sociedades, entre elas Unión y Progreso que dirixía Cao Turnes. Foi elixido dirixente da Federación e membro do comité de prensa de El Despertar Gallego. Mantívose na dirección da Federación da que foi secretario xeral de 1924 a 1926 e de 1933 a 1935. En 1936 promoveu a creación dun comité pro fronte único de esquerdas en apoio á Fronte Popular e despois propiciou a unión das dúas Federacións. Impulsou a agrupación A Terra no Centro Gallego de Buenos Aires e pasou a actuar alí en 1938 deixando as súas tarefas na Federación. Finou en Buenos Aires en 1952.Opinión Gallega, xaneiro-febreiro 1952, p. 4.

Recoñecementos O Centro Gallego de Buenos Aires concedeu en 1955 o Premio Manuel Cao Turnes e Olimpia Corral de novela en galego, creado polos seus fillos,La Voz de Galicia, 24-4-1955, p. 7. que recaeu na novela Ribanzo de Daniel Cortezón.

Vida persoal Casou en 1921 con María Olimpia Corral, emigrante natural do concello de Rábade, e foi pai de Manuel e Olimpia Cao Porral.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Biografía

Categoría:Galegos da Arxentina Categoría:Nados en Vedra Categoría:Nados en 1894 Categoría:Finados en 1952