O porto de Tampa (en inglés Port of Tampa) é o maior porto do estado de Florida. Está localizado na costa oeste da Suncoast de Florida, aproximadamente a 25 millas do golfo de México. Dentro dos límites do porto hai partes da Baía de Tampa, a Baía de Hillsborough, a Baía McKay, e a Vella Baía de Tampa ademais do Río Hillsborough.

Accesos O porto de Tampa atópase no distrito de Channelside en Tampa. A terminal de cruceiros e a sede do porto atópanse xunto ao Channelside Drive. A autoestrada máis próxima ao porto é a Lee Roy Selmon Expressway, que transcorre ao longo da parte norte do porto.

A maioría do tráfico de camións que circula polo porto de Tampa viaxa pola Interestatal 4. Polas rúas da Ybor City, un dos dous Distritos Históricos Nacionais de Florida. Actualmente estase a construír a Interestatal 4 – Selmon Expressway Connector, unha autoestrada de 1,8 km de longo, que terá carrís especiais para os camións o que permitirá desviar o tráfico da Yvor City, enlazando directamente o porto co sistema de autoestradas estatais. Espérase que se remate a súa construción a finais de 2013.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Tampa Port Authority Tampa Cruises

Tampa

Categoría:Florida