miniatura|Cheilodactylus zonatus Os queilodactílidos ( Cheilodactylidae ) son unha familia de peixes mariños pertencente á orde Perciformes. O nome débese ó grego cheilos, labio, e daktylos, dedos, e fai alusión ós labios grosos.
Morfoloxía Presentan un corpo alargado e comprimido, con tamaños máximos de 1 metro de lonxitude. Boca pequena pero labios grosos. Teñen unha única aleta dorsal aparentemente dividida en dúas partes, unha primeira con 14-22 raios espiñosos e unha segunda con 19-39 raios brandos. A anal ten tres espiñas e 7-19 raios brandos. As pectorais dos exemplares adultos teñen os 4-7 raios inferiores libres e longos.
Hábitat e bioloxía A familia distribúese polo hemisferio sur (Atlántico, Pacífico e Índico), e algunhas zonas do hemisferio norte, como o Xapón, a China e Hawai.miniatura|Nemadactylus douglasii|centro Taxonomía Divídese en 5 xéneros e un número de especies que varía entre 16 e 26, segundo os distintos autores: Xénero Cheilodactylus, Lacepède 1803 Xénero Chirodactylus, Gill 1862 Xénero Dactylophora Xénero Nemadactylus Xénero Sciaenoides, Richardson (ex Solander) 1850 (nome dubidoso)
Véxase tamén
Ligazóns externas Ficha en Fish Base Ficha en World Register of Marine Species
Categoría:Percoideos