Luka Modrić, nado en Zadar o 9 de setembro de 1985, é un futbolista croata. Xoga de centrocampista e o seu club actual é o A.C. Milan. Ademais, é internacional na selección de Croacia.

Traxectoria Club Tras converterse nunha gran promesa no club da súa cidade natal, o NK Zadar, fichou coma adolescente polo GNK Dinamo Zagreb no ano 2002. A súa carreira coma profesional comezou con dúas cesiones ó Zrinjski Mostar e ó Inter Zaprešić.

Nos seus anos no Dinamo Zagreb, gañou tres títulos de liga consecutivos e varias copas domésticas. Modrić foi nomeado Xogador do Ano da Prva HNL en 2007. No ano 2008, fichou polo Tottenham Hotspur da Premier League inglesa, antes de irse ó Real Madrid da Primeira división española no verán de 2012.

Modrić xogou coa selección croata dende 2006, incluíndo participacións no Mundial da FIFA de 2006, e nas Eurocopas de 2008 e de 2012.

Palmarés Dinamo Zagreb Prva HNL (3): 2005/06, 2006/07, 2007/08. Copa de Croacia (2): 2006/07, 2007/08. Supercopa de Croacia (1): 2006.

Real Madrid Primeira División (4): 2016/17, 2019/20, 2021/22, 2023/24. Copa do Rei (2): 2013/14, 2022/23. Supercopa de España (5): 2012, 2017, 2019/20, 2021/22, 2023/24. Liga de Campións (6): 2013/14, 2015/16, 2016/17, 2017/18, 2021/22, 2023/24. Supercopa de Europa (4): 2014/15, 2016/17, 2017/18, 2022/23. Copa Mundial de Clubs (5): 2014, 2016, 2017, 2018, 2022. Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil na páxina web do Real Madrid Perfil de Modrić en FIFA.com

Categoría:Nados en 1985 Categoría:Nados no condado de Zadar Categoría:Futbolistas de Croacia Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do NK Dinamo Zagreb Categoría:Xogadores do NK Inter Zaprešić Categoría:Xogadores do Tottenham Hotspur FC Categoría:Xogadores do Real Madrid CF Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Croacia sub-21 Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Croacia Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 2014 Categoría:Futbolistas gañadores da Liga de Campións da UEFA Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 2022 Categoría:Xogadores da Eurocopa de Fútbol de 2024 Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 2026