miniatura|Fibras de Rosenthal. Tinguidura hematoxilina-eosina amosando as estruturas alongadas eosinofílicas nun caso de astrocitoma pilocítico. Aumento do 400%

A fibra de Rosenthal é un feixe groso e alongado, cunha contorna irregular e forma de espiral eosinofílico que aparece na tinguidura hematoxilina-eosina do cerebro perante a presenza de gliose de longa evolución, ás veces tumores, e nalgunhas alteracións metabólicas. Son características tamén do astrocitoma pilocítico cerebeloso, tamén coma resposta cerebral reactiva ao craneofarinxioma ou ás cavidades sirínxeas, e coma consecuencia da doenza de Alexander nas zonas periventriculares e subpiais.Compendio de patoloxía estrutural e funcional Robbins e Cotran. 7.ª edición. Editorial Elsevier

Composición As fibras poden ser atopadas en procesos astrocíticos, e crese que son grupos de filamentos intermedios de proteínas. Os seus compoñentes inclúen proteína ácida fibrilar glial.

Notas

Categoría:Cerebro