thumbnail|250px|Lobos cerebrais: Azul: Lobo frontal Verde: Lobo temporal Rosa: Lobo occipital Amarelo: Lobo parietal
O lobo temporal ou lóbulo temporal é un dos lobos cerebrais, situado na cara externa de cada hemisferio cerebral. Limita por diante coa cisura perpendicular externa, o polo temporal do hemisferio, a beira inferior do hemisferio e a cisura de Silvio, que o separa do lobo parietal. Posúe dous sulcos, o sulco temporal superior e o inferior; e tres circunvolucións, primeira, segunda e terceira circunvolución. A súa función é analizar a información que chega polo oído e a fala. Tamén é responsábel do equilibrio e da memoria a curto prazo.
Véxase tamén
Outros artigos Lobo (cerebro) Lobo (anatomía)
Categoría:Lobos cerebrais
ru:Кора больших полушарий#Височная доля