O lobo ou lóbulo hepático dereito é un dos catro lobos que conforman o fígado. O lobo dereito é máis grande que o lobo esquerdo, nunha proporción de seis a un aproximadamente. Ocupa o hipocondrio dereito, e sepárase do lobo esquerdo na súa cara ventral polo ligamento falciforme hepático, na súa cara posterior polo ligamento venoso. O lobo dereito ten forma de cuadrilátero.
Véxase tamén
Outros artigos Lobo (fígado)
Categoría:Lobos do fígado