dereita|miniatura|Busto en Balaídos. dereita|miniatura|Necrolóxica de Pepe Bar en El Pueblo Gallego. José Bar Vilaboa, nado en Vigo en 1886 e finado na mesma cidade o 30 de xaneiro de 1930, foi un futbolista e adestrador de fútbol galego, máis coñecido como Pepe Bar.

Traxectoria A súa carreira futbolística transcorreu principalmente no Real Club Fortuna de Vigo, equipo ao que tamén dirixiu como técnico ata o momento da fusión deste co Real Vigo Sporting Club en 1923. Precisamente Bar foi un dos valedores da fusión xunto ao xornalista Manuel de Castro Handicap e ao secretario do Concello de Vigo Juan Baliño Ledo, o froito do esforzo foi o Real Club Celta de Vigo.

No seu recordo hai un busto seu no Estadio Municipal de Balaídos. Vida persoal

Foi irmán do tamén futbolista Félix Bar Vilaboa. Casou con Carmen Boo Feás e foi pai de Ángeles, Antonio, Xosé, Alfonso e mais Luis Bar Boo.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial do club Artigo en historiadoceltadevigo.net

Categoría:Nados en 1886 Categoría:Nados en Vigo Categoría:Finados en 1930 Categoría:Celta de Vigo Categoría:Futbolistas de Vigo Categoría:Xogadores do Real Club Fortuna de Vigo Categoría:Adestradores de fútbol de Galicia Categoría:Adestradores do Real Club Fortuna de Vigo