O CD31 (cluster de diferenciación 31) ou molécula de adhesión de célula endotelial e plaqueta (PECAM-1) é unha proteína codificada nos humanos no xene PECAM1 do cromosoma 17, que se encontra na superficie de certas células da liña hematopoética. O PECAM-1 xoga un papel esencial na eliminación dos neutrófilos vellos do corpo.

Función O PECAM-1 encóntrase na superficie de plaquetas, e leucocitos, e constitúen unha boa porción das unións intercelulares das células endoteliais. A proteína CD31 é membro da superfamilia das inmunoglobulinas e probablemente está implicada na migración transendotelial de leucocitos, anxioxénese, e activación de integrinas.OMIM Impide a adhesión dos fagocitos a células viables (por un sinal de repulsión) e facilita a fagocitose das células inviables durante a apoptose.Uniprot PECA1

Distribución nos tecidos O CD-31 encóntrase normalmente en células endoteliais, plaquetas (e megacariocitos), macrófagos e células de Kupffer, granulocitos (neutrófilos), linfocitos (células T), células NK, e osteoclastos.

O CD-31 tamén se expresa en cetos tumores, como o hemanxioendotelioma epitelioide, hemanxiotelioma de tipo sarcoma epitelioide, outros tumores vasculares, tumores malignos histiocíticos e plasmocitomas. Atópase raramente nalgúns sarcomas, como o de Kaposi e carcinomas.

Inmunohistoquímica miniatura|dereita|Micrografía dun anxiosarcoma tinguido para o CD31. En inmunohistoquímica, o CD31 utilízase principalmente para demostrar a presenza de células endoteliais en preparacións de tecidos histolóxicos. Isto pode ser de axuda para avaliar o grao de anxioxénese tumoral, que pode implicar un crecemento rápido do tumor. As células endoteliais malignas tamén poden xeralmente conservar este antíxeno, polo que a inmunohistoquímica do CD31 pode tamén utilizarse para demostrar a presenza de anxiomas e anxiosarcomas. Tamén se pode demostrar a súa presenza en linfomas linfocíticos pequenos e linfomas linfoblásticos, aínda que se dispón de marcadores máis específicos para esas doenzas.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Mapa dos antíxenos CD de rato Mapa dos antíxenos Cd humanos

Categoría:Antíxenos CD